Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista reclama unha unidade de Xeriatría para cada área sanitaria

Julio Torrado denuncia “funambulismo moral” do PP para rexeitar a proposta cando Galicia só conta con dúas unidades de xeriatría cando é a Comunidade Autónoma máis envellecida

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, reclamoulle hoxe á Xunta que constitúa unha Unidade de Xeriatría en cada Área Sanitaria de Galicia. O responsable socialista presentou unha iniciativa parlamentaria no Parlamento para reclamar unha mellor atención aos maiores galegos que o PP rexeitou nunha mostra, dixo, de “funambulismo moral”.

Torrado lamentou que nin o PP nin o goberno galego queiran asumir o compromiso de mellorar a atención aos maiores precisamente na Comunidade Autónoma máis envellecida do Estado, e que hoxe contan cunha atención “absolutamente ineficiente”. Criticou que o argumento do PP fora que “non hai especialistas en Xeriatría” cando estas unidades non precisan unicamente desta especialidade médica, e “con replicar o modelo das unidades de Vigo e Lugo é suficiente”.

Sinalou que Galicia vive “situacións paradoxais” na atención aos maiores, xa que “ten á provincia máis envellecida de España -Ourense- pero non ten unidade de Xeriatría”, e a Comunidade Autónoma máis envellecida só ten dúas destas unidades, unha no HULA e outra no Meixoeiro, pero esta última “nin sequera completa tódalas funcións”.

Criticou que o PP continúe “botándolle a culpa á formación de MIR”, pero o goberno galego deixou sen convocar prazas dispoñibles en Neumoloxía, Rehabilitación, Cardioloxía, Reumatoloxía e mesmo 29 prazas de enfermaría familiar e comunitaria co argumento do conselleiro que “non fan falta”. Cualificou de “irracional” que “argumenten que necesitan máis MIR cando despois en Galicia renuncian a eles”.

Explicou que o goberno galego chegou a renunciar este ano a tantas prazas de formación que superan á oferta completa que reciben outras comunidades autónomas, “como os malos ricos, que renuncian a cousas que fan falta”.

Acusou ao PP e ao goberno galego de que “non queren” implantar un servizo acaído para os maiores, e puxo como exemplo que continúan a incumprir a proposta aprobada no Parlamento hai agora 2 anos para pedir unha unidade de Psicoxeriatría en Ourense. Criticou que “votaron pero logo desbotaron”, logo de constatar que en dous anos “non moveron un só papel” para cumprir con esta obriga parlamentaria.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18