Categorías: Secretaría Xeral

Formoso propón acordos de país pola sanidade pública e o emprego como prioridades para 2023

O líder dos socialistas galegos propón acordos en materia de sanidade, industria, ciencia ou política de prevención de incendios fronte á “inacción” do goberno galego

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, anunciou hoxe en Santiago que os socialistas galegos plantexarán acordos de país pola sanidade pública e o emprego como prioridades para 2023. O líder dos socialistas galegos fixo hoxe balance político do ano, lastrado pola “inacción do goberno galego” diante dos efectos da crise de prezos, entregado á única “aposta pola confrontación co goberno do Estado”.

Formoso presentou un PSdeG centrado na política propositiva para “seguir empatizando e na conexión” coa sociedade, sinaladamente os sectores que peor o están a pasar, polo que propuxo un gran acordo en materia sanitaria, seguido de propostas de diálogo “aberto e construtivo” nos asuntos centrais do país, como traballo e industria, ou no impulso da ciencia galega.

O responsable socialista adiantou que nos tres primeiros meses do ano fará un chamado para sentar ao sector sanitario galego, coas organizacións políticas e os colectivos afectados nunha mesa conxunta para marcar unha folla de ruta que atenda ás demandas de recursos dos profesionais da sanidade pública.

Subliñou que os socialistas continuarán en 2023 na mesma “filosofía propositiva” que os levou a “intentar mellorar a realidade da atención primaria” en 2022 con numerosas iniciativas parlamentarias, como a reforma da Lei de Saúde para garantir a atención primaria nun máximo de 48 horas. A mesma coa que presentaron unha proposición de Lei do Xogo para regular as apostas online ou limitar a presenza de casas de apostas a 20 metros das escolas.

Contrastou as propostas do Grupo Socialista coa precariozación das condicións laborais e a falla de recursos económicos na sanidade pública pola acción do goberno galego, que está a “desmoralizar” ao persoal, que se ve obrigado a emigrar de Galicia. Considera “gravísimo” que as esperas para atención primaria se estendan aos 25 días, mentres os xefes de Medicina Interna dos hospitais galegos teñen dimitido para lanzar unha “mensaxe de SOS” dende a sanidade pública.

Acordos de país

Explicou que nos grandes asuntos de país “aí está o PSdeG e vai seguir estando” dando o apoio aos proxectos que teñan “transcendencia laboral” e que van ter en 2023 o seu ano clave. Citou a concesión da plataforma eléctrica de Stellantis en Vigo, as explotacións eólicas que garantan o subministro eléctrico que precisa Alcoa para reactivar as cubas en 2024, o proxecto de fábrica de Altri en Lugo ou as fábricas de hidróxeno que precisan do respaldo público estatal e autonómico.

Valentín González Formoso situou ao PSdeG como “correa de transmisión de todos aqueles que queiran servir ao país”, e aludiu en concreto a unha das grandes asignaturas pendentes do país, como é o apoio ao mundo científico. Sinalou que a falla de estabilidade laboral dos científicos provoca a diáspora dos mellores recursos do país cando “ningún sector ten futuro sen soporte científico nin de coñecemento”.

O líder dos socialistas galegos contrastou o espírito propositivo dos socialistas galegos coa “falla de diálogo e concreción” por parte do presidente da Xunta, lastrado polo seu propio desleixo, que provocan que as perspectivas económicas para Galicia a sitúen como a Comunidade Autónoma co menor crecemento previsto do Estado. Unha Comunidade Autónoma que padece duns orzamentos “continuístas, cando non átonos”, e que constatan que “algo se está a facer mal”.

Balance parlamentario

A viceportavoz do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, fixo balance da actividade parlamentaria do ano, no que os socialistas galegos presentaron 7.256 iniciativas parlamentarias, incluíndo 3 proposicións de Lei, sobre Igualdade, reforma da Lei de Saúde e Lei do Xogo, ademais de 1.215 proposicións non de Lei.

Criticou a falla de resposta da Xunta ás iniciativas parlamentarias, xa que deixou sen responder o 61 por cento das 1.906 preguntas escritas presentadas polo Grupo Socialista, e máis da metade das 532 solicitudes formais de información presentadas pola vía do artigo 9 do Regulamento, e que están obrigados a responder en dous meses.

Salientou que o Grupo Socialista presentou na Cámara autonómica os principais asuntos que preocupan á cidadanía galega nun ano marcado pola recuperación da pandemia da covid 19 e as consecuencias da invasión de Ucraína por parte de Rusia. Así, os socialistas galegos levaron ao Parlamento a execución dos fondos covid, a falla de execución dos fondos europeos por parte do goberno galego ou propostas para paliar os efectos da crise enerxética.

Tamén presentaron un Pacto Galego contra a Pobreza, a mellora do financiamento local, a protección das vítimas de violencia de xénero nas sedes xudiciais ou os problemas derivados do transporte público, así como o control de vertidos nas rías galegas. Levaron iniciativas sobre os problemas derivados da concentración bancaria, os recortes de profesorado nos centros educativos e de persoal sanitario e de atención ás persoas maiores.

O Grupo Socialista tratou tamén a reindustrialización, a crise do sector da carne e os prezos do leite, a política forestal, pesca, políticas de igualdade ou a baixa execución dos Orzamentos da Xunta de Galicia.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06