Categorías: Actualidade

Plan de choque para apoiar á xuventude fronte ao prezo dos combustibles

Begoña Rodríguez Rumbo e Xurxo Doval anuncian unha iniciativa para ampliar as bonificacións de transporte ata os 30 anos e garantir como mínimo un traxecto diario de ida e volta entre concellos veciños

A viceportavoz do Grupo Socialista sinala que Rueda “non estivo á altura” para axudar aos galegos e galegas, que “empeoramos” as condicións de vida co seu fracaso sinalado en sanidade e política industrial

A viceportavoz do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, e o secretario xeral de Xuventudes Socialistas de Galicia, Xurxo Doval, reclamáronlle hoxe á Xunta un Plan de choque para reforzar o transporte público da mocidade diante da suba dos prezos dos combustibles. XSG presentou unha proposición non de Lei de Iniciativa Popular que será asumida polo Grupo Socialista.

Rodríguez Rumbo alertou de que o transporte público galego “ten ido a peor” logo de 13 anos de xestión do PP, sinaladamente na perda de liñas e frecuencias e, tamén, no transporte escolar, con numerosos casos de rapaces e rapazas que “chegan tarde á escola ou directamente quedan tirados nas paradas”. Esta iniciativa propón a mellora do servizo de transporte público para os mozos e mozas logo de constatar que o Executivo “empeorou o que funcionaba ben”.

Salientou as dificultades impostas polo goberno galego ao reducir a conectividade tanto nas liñas ordinarias como de ocio, e lembrou a perda de servizos como o Noitebús, suprimido polo PP en canto chegou ao goberno galego malia que resultaba “fundamental” para garantir o transporte aos lugares de ocio “con tranquilidade e a un prezo asequible”.

A parlamentaria socialista sinalou que a mocidade resulta “un dos grandes esquecidos” na acción do goberno galego”, que expulsa a unha xeración completa pola falla de condicións axeitadas dentro de Galicia. Milleiros de mozos e mozas, dixo, que “non acadan unha remuneración suficiente nin atopan vivenda asequible para desenvolver o seu proxecto vital” mentres a Xunta tan só executa o 32,9 por cento do orzamento previsto para vivenda, segundo datos de 2021.

Plan de transportes

O secretario xeral de Xuventudes Socialistas de Galicia, Xurxo Doval, presentou esta iniciativa para reclamarlle á Xunta un Plan de choque que axude aos mozos e mozas a afrontar a suba dos combustibles. Doval sinalou que “é duro escoitar que os mozos e mozas se senten encarcerados nas súas vilas” porque non teñen opcións de transporte, co que queda reducido a “non máis que un lugar onde durmir”, no mellor dos casos.

Explicou que XSG ten percorrido dende o pasado 29 de xullo máis de 7.000 quilómetros nas principais capitais galegas e numerosas comarcas para recoller sinaturas e aportacións da mocidade. Nesta viaxe constataron os efectos do desleixo do goberno galego, que leva “máis de 11 anos infravalorando o transporte público”, unha materia sobre a que “se demostran incompetentes para xestionar”.

Doval propuxo ampliar ás persoas de menos de 30 anos as prestacións de mobilidade que hoxe hai ata os 21, así como suprimir as limitacións temporais impostas polas concesionarias de transporte interurbano para a expiración da validez dos bonos. Os socialistas galegos reclaman a garantía de que todos os concellos de Galicia dispoñan como mínimo dun traxecto diario de ida e volta cos concellos veciños.

Sinalou que o goberno galego debe facerse responsable ademais de “velar polo cumprimento rigoroso dos pregos de contratacións” coas empresas de transporte. Apuntou en concreto á renovación das flotas das concesionarias de transporte interurbano dependentes da Xunta, reemprazando os vehículos máis antigos para garantir un servizo de maior calidade e respectuoso co medio ambiente.

O responsable de Xuventudes Socialistas reclamoulle á Xunta finalmente que garanta a compensación para os usuarios vítimas de retrasos ou avarías, “de igual forma que ocorre no transporte ferroviario”.

Balance

A viceportavoz do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, advertiu hoxe que o presidente da Xunta “non estivo á altura das circunstancias do ano” para afrontar os “novos retos” presentados pola invasión de Ucraína e a suba dos prezos dos combustibles. A modo de balance do curso político, sinalou que “en temas como sanidade ou a política industrial, en vez de manternos, fomos bastante a peor”.

Responsabilizou ao goberno galego de ter “devaluado considerablemente” a sanidade pública galega, desatendendo á alerta lanzada polos profesionais sanitarios, cunha sobrecarga de traballo que impide unha atención acaída á poboación. Lamentou que a resposta do goberno galego fora “ocorrencias”, como establecer consultas a través de tablet ou asignarlles aos enfermeiros competencias dos médicos para evitar a cobertura de baixas e vacacións do persoal.

Criticou ademais que en materia industrial, logo de demostrar que “non foi quen de executar” os fondos procedentes da UE e de deixar a eólica como “asignatura pendente”, o presidente da Xunta “dedicouse a buscar culpables no canto de resolver os problemas dos galegos e das galegas” tanto na mellora dos servizos públicos como no desenvolvemento industrial que precisa Galicia.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08