Categorías: Secretaría Xeral

Formoso defende ao sector da Pesca do cerco e reclama o respaldo da Xunta a unha parada biolóxica temporal da flota afectada pola cota de xurelo

O líder dos socialistas galegos sinala que “as conversas van polo bo camiño” co Ministerio responsable da Pesca para apoiar aos máis de 1.000 mariñeiros afectados

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, saíu hoxe en defensa do sector de cerco de Galicia, afectado pola perda de cota na pesca do xurel, e pediu a implicación do goberno galego para aplicar un paro biolóxico temporal con axudas para chegar á campaña da xarda e da anchoa. Formoso mantivo un encontro cos responsables da Asociación de Cerco de Galicia -Acerga-.

O responsable socialista salientou que o reparto de cotas “penaliza claramente” á pesca do xurelo, que é “base e sustento económico do sector de cerco de Galicia”, da que viven 67 barcos e máis de mil mariñeiros. Apunta que o novo reparto “non lles da nin para pagar os mínimos custes de supervivencia económica”, e defendeu un paro temporal con axudas que permita “dalgunha maneira” o sustento do sector.

Pediu así apoio a mariñeiros e armadores no tránsito entre a campaña actual, afectada polas novas cotas, e a mellora do reparto na campaña de 2024 no que xa traballan “de forma intensa” tanto o Ministerio como os representantes do sector. Emprazou a “darlle soporte a todo o sistema social e económico” que depende do cerco para chgar á próxima campaña.

O secretario de Acerga, Alberto Castro, emprazou tanto á Xunta como á Secretaría Xeral de Pesca a conceder un paro temporal de entre 2 e 3 meses que lle permita á flota subsistir ata a apertura das campañas da xarda e da anchoa. Sinalou que as conversas co goberno central van “polo bo camiño” e lembrou a existencia de “baremos establecidos sobre pagas temporais” para estes paros obrigados.

Así o dixeron logo dun encontro entre o PSdeG  e Acerga, no que tamén participaron a secretaria de Pesca e portavoz de Pesca do PSdeG no Parlamento de Galicia, Patricia Otero, o deputado no Congreso Diego Taibo, a alcaldesa de Betanzos e vicepresidenta da Fegamp, María Barral, o secretario provincial de A Coruña, Bernardo Fernández, e o secretario provincial de Pesca, Walter Pardo.

Accidente de autobús

O responsable socialista comezou a intervención de hoxe trasladando as condolencias en nome de tódolos socialistas galegos ás familias dos falecidos no accidente de autobús en Cerdedo – Cotobade, no que foi un “día tráxico para Galicia”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02