Categorías: Actualidade

A dimisión do xefe de Neumoloxía de Ourense é un “suma e segue” na cascada de renuncias polo deterioro da sanidade pública logo dunha década de recortes do PP

Julio Torrado esixe o “reforzo estratéxico do persoal” sanitario mentres Rueda mantense “agochado” á fronte dunha Xunta “inmóbil”

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, esixiulle hoxe ao goberno galego que reforce o persoal sanitario en Atención Primaria e nos servizos vertebrais dos hospitais. Esta será, dixo, a única vía para frear a cascada de renuncias dos profesionais sanitarios en protesta polas condicións provocadas logo dunha “década de recortes” polos gobernos do PP.

O responsable socialista denunciou que o presidente da Xunta se manteña “agochado”, parapetado dentro dunha Xunta “inmóbil”, aos que lles esixiu que movan ficha para levar adiante o “reforzo estratéxico” da sanidade pública galega, levada ao límite por anos de desmantelamento que “hoxe nos poñen nesta situación”.

Torrado fixo un relatorio do “goteo incesante” de renuncias en protesta pola xestión desastrosa da sanidade pública por parte do PP. Lembrou a renuncia en bloque dos xefes de Atención Primaria de Vigo en 2019, que protestaban por verse obrigados a “xestionar a miseria”, provocando unha situación que a día de hoxe non puido ser resolta polo goberno galego, que mantén varias destas xefaturas baleiras.

A continuación dimitiron os xefes de Medicina Interna de Santiago e Ourense pola negativa da Consellería a reforzar a plantilla, e que permanece impasible diante dos problemas dos profesionais coa dirección nos servizos de Urxencias, Raios ou Otorrinolaringoloxía de Santiago. Tamén marchou a xefa de Procesos Asistenciais de Pontevedra – Salnés, inmediatamente despois de que mudaran ao xerente da área este mesmo verán.

Lembra ademais que os profesionais manteñen unha ameaza de folga para o mes de xaneiro mentres o Sergas se negue a abrir a negociación sobre as melloras do sistema, e a dirección política estea cuestionada logo de que o Colexio Médico de Pontevedra declarara ao conselleiro “interlocutor non válido”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28