Categorías: Actualidade

Rueda debe ratificar a prórroga das bonificacións dos billetes de autobús no 2023 como xa fixo o goberno do Estado

Patricia Otero insta ao goberno galego a “despexar dúbidas” e aportar o 20 por cento da parte que lle corresponde para sumar ao outro 30 por cento que aportará o Estado

A portavoz de Transporte do Grupo Socialista, Patricia Otero, emprazou ao presidente da Xunta a ratificar hoxe que prorrogará o 20 por cento do desconto dos buses que lle corresponde e que se sumará ao 30 por cento que aporta o Estado. Otero instou a Rueda a “despexar dúbidas” e facilitar que os galegos e galegas poidan seguir contando en 2023 coa subvención da metade do billete de autobús interurbano.

Otero pediulle ao goberno galego que respalde a axuda á cidadanía e demostrar que está á altura, logo de que o Executivo de Pedro Sánchez aprobara o pasado martes a ampliación desta medida ao próximo ano sempre e cando a Comunidade Autónoma aporte a súa parte. Reclamoulle á Xunta que “deixen de entorpecer e de poñer paus nas rodas” das medidas postas en marcha polo goberno do Estado para apoiar á cidadanía cando atravesa momentos difíciles.

Sinalou ao presidente da Xunta o camiño marcado polos seus compañeiros de partido tanto na presidencia de Castela e León como de Madrid, que xa teñen confirmado que prolongarán as axudas durante 2023.

A responsable socialista sinala que a negativa do PP a apoiar esta medida no Parlamento “non fai máis que poñer en dúbida o seu compromiso cunhas medidas que axudan ás familias”. Aludiu ao debate en Comisión o pasado 11 de novembro, cando o Grupo que apoia ao goberno galego votou en contra dunha iniciativa socialista que precisamente lle pedía á Xunta prorrogar esta medida.

Otero reclamáralle á Xunta que amosara a “mesma sensibilidade” que está a demostrar o goberno central coa conxuntura económica de suba desorbitada dos prezos do combustible derivada da invasión de Ucraína por parte de Rusia. Apuntou que se trata dun “bo xeito de axudar á cidadanía galega” incidindo nos prezos de transporte interurbano, competencia do goberno galego.

Lembrou que a Xunta, no canto de preocuparse pola situación da cidadanía, “chegou a criticar” a gratuidade dos billetes de ferrocarril porque “supostamente ía afundir ás empresas de autobuses”. Responsabilizou ao goberno galego da situación “sangrante” do transporte público por estrada en Galicia, cun rosario de incumprimentos “ao longo e ancho de toda Galicia”, que afectan mesmo ao transporte escolar, asumido agora pola Consellería de Mobilidade.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02