Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Formoso presenta Galicia ante a UE como solución á crise enerxética e urxe un modelo con participación pública

O líder dos socialistas galegos comeza en Estrasburgo o seu maratón de contactos coas autoridades comunitarias cunha unha xuntanza coa comisaria europea de Enerxía, Kadri Simson

Alerta de que a Xunta provoca que Galicia “perda a oportunidade histórica das renovables” que a UE está a poñer “diante da porta”

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, presentou hoxe Galicia como “solución á crise enerxética provocada pola guerra con Ucraína”. Así llelo dixo á comisaria europea de Enerxía, a estoniana Kadri Simson, coa que abriu unha intensa axenda de contactos coas autoridades comunitarias que despregará ata o mércores en Estrasburgo.

O responsable socialista presentou a súa disposición a aproveitar os potenciais naturais de Galicia no eido das enerxías renovables, “tanto na xeración de enerxía como bo que é o maior reto futuro, que é o almacenamento enerxético”. Formoso reclamou un modelo de participación pública e alertou neste sentido de que “non podemos permitir que os proxectos especulativos teñan cabida no territorio galego”.

Logo deste encontro, no que participou xunto co eurodeputado galego Nicolás González Casares, chamou a “aprender dos erros do pasado” e defendeu un modelo “que non sexa o especulativo do PP” e no que “o público teña o liderado dos proxectos estratéxicos”.

O líder dos socialistas galegos fíxolle entrega a Simson dunha copia do pacto en favor dunha enerxía eólica sostible subscrito co PSdeG con varias forzas sindicais e comunidades de afectados. Precisou que “temos os brazos abertos aos proxectos que queiran aportar a Galicia, contar co territorio e fagan un esforzo de entendemento coas entidades locais, cos veciños, coas comunidades de montes e o goberno autonómico.

Reinvindicou proxectos “abertos á participación pública destes colectivos e que permitan que a cidadanía vexa eses proxectos como propios e non só dunha empresa que busca beneficio”. Precisou que parte dos beneficios “deben quedar no país para permitirnos soster os servizos públicos”, que “custan moitos recursos e dependen da capacidade de Galicia para xerar recursos económicos que permitan sostelos”.

Valentín González Formoso explicou que Galicia lidera a produción enerxética de España, e precisou que esta Comunidade Autónoma constitúe un territorio favorable para os novos retos de xeración de enerxía sen emisións grazas ao hidróxeno verde e á eólica onde poida ser compatible co medio ambiente e a actividade agropecuaria.

O dirixente socialista pediu unha maior implantación da UE no despregue das renovables a través de fondos que permitan vencer as reticencias locais. Sinalou que o goberno de España conta con obxectivos moi ambiciosos en renovables, pero lamentou que a Xunta de Galicia se estea a negar a abrir a porta á autorización de novos proxectos”.

Oportunidade histórica

Formoso sinalou que “Galicia ten que facer os deberes” debido a un goberno autonómico que “cando se esconde sen analizar que Galicia está a perder a oportunidade histórica”. Criticou que o goberno galego renuncie a liderar dende o público a implantación de “proxectos estratéxicos que garantan a viabilidade de empresas como Alcoa, Stellantis ou Coren”.

Criticou que a Xunta “non estea a responder ao reto europeo” que ten “diante da porta”, mentres a UE, tan sensible en asuntos medioambientais, pide a redución de trámites de avaliación ambiental para parques eólicos estratéxicos mentres prepara unha nova Directiva de renovables aínda máis ambiciosa que a anterior.

Lamentou a negativa a estes proxectos “por parte dos mesmos que dicían que a AP-9 era unha navallada, que a chegada do AVE ás cidades sumiría Galicia no pasado e desestruturaría o interior”. Criticou a “aqueles que prefiren situarse detrás dunha pancarta que asumir un reto que a UE nos está a poñer diante e no que Galicia pode ser líder”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

José Miñones sinala que o “demoledor” informe do Consello de Contas constitúe unha “emenda á totalidade” da política sanitaria de Rueda e da Xunta de Galicia

Apunta que os relevos nas xerencias das áreas sanitarias de Santiago, Ourense e Ferrol “evidencian que a sanidade galega é…

11/05/2024 11:00

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00