Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Formoso comparte coa Comisaria de Cohesión a necesidade de impulsar a conexión de Alta Velocidade Vigo-Oporto

O secretario xeral do PSdeG trasladou a proposta de introducir o criterio de despoboamento con máis peso no reparto dos fondos estruturais

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reuniuse hoxe coa comisaria europea de Cohesión e Reformas, a portuguesa Elisa Ferreira, coa que compartiu a necesidade de impulsar a conexión de alta velocidade entre Vigo e Oporto. Na mesma xornada tamén mantivo un encontro co comisario de Medio Ambiente, Océanos e Pesca,  Virginijus Sinkevičius, ao que transmitiu o rexeitamento do sector pesqueiro galego ás restricións ao arrastre de fondo.

Durante unha maratoniana viaxe polas institucións europeas, o líder dos socialistas galegos mantivo un encontro dunha hora coa comisaria europea de Cohesión na que falaron das conexións entre Galicia e Portugal e das claves de reparto dos fondos de cohesión. De seguido, reuniuse co comisario de Pesca, que abriu a porta s revisar no futuro o veto ao arrastre de fondo nalgúns caladoiros.

Con Elisa Ferreira, Formoso compartiu a necesidade de impulsar as grandes infraestruturas entre Galicia e Portugal, de forma especial  a liña de alta velocidade Vigo-Oporto. No encontro “produtivo e interesante” a mandataria europea recalcou a saída natural que significa o territorio galego para o norte de Portugal.

Formoso acudiu á reunión con Ferreira acompañado do eurodiputado galego, Nicolás González Casares, e trasladáronlle a necesidade de incorporar o despoboamento, que asola gravemente Galicia, como criterio no reparto dos fondos europeos. Actualmente, este faise basicamente pola renda dispoñible nos territorios, polo que o líder socialista pediu que se incorporen tamén con máis peso os criterios de despoboamento para non “desaproveitar a oportunidade” que estes fondos ofrecen a toda Europa.

Sinalou que a loita contra o despoboamento é un aspecto de especial relevancia no futuro de territorios como Galicia, que perdeu 130.000 habitantes nos últimos 14 anos, e ten consecuencias medioambientais drásticas como os incendios, polo que ten que ser un eixo principal das políticas de UE.

Así, o dirixente socialista afondou na necesidade de que estes fondos axuden a garantir os servizos mínimos para a subsistencia no rural, para que as persoas máis mozas non se vexan obrigadas a marchar dos seus pobos ou non poidan mudarse a zonas que precisan de xente nova pola falta de oportunidade e de cobertura, resumiu o que isto significa para o territorio en que “un país sen xente é un país sen futuro”.

Finalizou a reunión coa invitación formal a Ferreira para visitar Galicia co fin de coñecer de primeira man as políticas de transición enerxética nos municipios máis afectados pola descarbonización, As Pontes e Cerceda, onde os socialistas esperan que se constrúa unha nova industria verde que manteña os postos de traballo da xente.

ACOMPAÑADO POR GONZÁLEZ CASARES

O eurodiputado galego destacou na reunión coa comisaria Elisa Ferreira o compromiso da mesma de visitar Galicia para coñecer de primeira man as políticas de transición ecolóxica. Destacou o acordo de Formoso e a mandataria portuguesa na relevancia para o norte de Portugal e para Galicia de mellorar as súas conexións.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13