Categorías: Secretaría Xeral

Formoso constata o interese de Navantia por que a construción das fragatas F-110 repercutan na xeración de valor engadido en Ferrolterra

O líder dos socialistas galegos mantén un encontro co presidente de Navantia en Madrid

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, constatou hoxe de primeira man o interese de Navantia por que a construción das 5 fragatas F-110 nos estaleiros de Ferrol repercutan na xeración de valor engadido na comarca. Formoso mantivo unha xuntanza co presidente de Navantia, Ricardo Domínguez, na que tamén participou o secretario de Organización do PSOE, Santos Cerdán.

O líder dos socialistas galegos desprazouse ata Madrid para recibir unha explicación polo miúdo da planificación e programación dos traballos previstos para a construción das naves, que darán emprego a en torno a 8.000 persoas nos próximos 12 anos.

Formoso trasladoulle ao responsable de Navantia a reclamación de que o contrato redunde na creación de valor engadido na comarca de Ferrol, e “que vaia máis alá de cortar chapa, senón que permita facer de Ferrol un polo de referencia das novas tecnoloxías aplicadas a un modelo de industria propio do Século XXI”.

Trasladou o máximo interese de que outras compañías tecnolóxicas con responsabilidades no programa repliquen o modelo Siemens de desenvolver en primeiro lugar os modelos dixitais dos prototipos obxectivo”.

Ademais, sinalou o interese do PSdeG de aproveitar o desenvolvemento do contrato das fragatas para facer realidade a construción dun novo dique para o estaleiro, que permitiría incrementar a eficiencia das instalacións, asegurando carga de traballo para as próximas décadas.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33