Categorías: Actualidade

Begoña Rodríguez Rumbo insiste en que a Xunta cargará sobre a cidadanía os custes da Lei do Ciclo Integral da Auga

Apunta que a Xunta quere aumentar a recadación en 50 millóns impoñendo tres novas taxas sobre a auga

A viceportavoz do Grupo Socialista, Begoña Rodriguez Rumbo, denunciou hoxe que a Xunta cargaralle sobre a cidadanía os custes da Lei do Ciclo Integral da Auga. A responsable socialista replicou hoxe ás declaracións do PP de onte lembrando que a nova Lei incorporará 3 novas taxas ou canons cos que prevé aumentar a recadación en 50 millóns de euros.

“A Xunta de Galicia invita, pero imos ser a cidadanía os que paguemos” o incremento da recadación pola Lei do Ciclo Integral da Auga, dixo. A responsable socialista subliñou que “aos socialistas e á cidadanía danos igual como queiran chamar aos novos impostos, o certo é que tódolos galegos e as galegas vamos ter que pagar para compensar os custes de depuración e de saneamento para cumprir co ciclo integral da auga”.

Sinalou que a nova lei suporá cobrarlle a cada familia galega un 61,6 por cento máis por metro cúbico  de auga consumida e tratada. En concreto, tras a análise dun total de 74 ordenanzas fiscais de 74 concellos galegos a conclusión é que “se vai producir un incremento de 33 euros por metro cúbico en cada municipio”.

Explicou que, ademais de ter que asumir de forma directa as novas taxas, o goberno galego prevé descargar sobre os concellos a maior parte do custe das infraestruturas, mentres a Xunta se reserva a capacidade inspectora e sancionadora. Así, “o goberno galego inspecciona e decide onde construír, pero tan só asume unha terceira parte do custe da obra”.

O resto do custe, dixo, terá que ser asumidos polos concellos, que abonarán directamente unha terceira parte, ao tempo que serán responsables de atopar o financiamento necesario para pagar o último terzo da obra.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21