Categorías: Actualidade

O Parlamento aproba a nosa proposta para reclamarlle á Xunta unha convocatoria extraordinaria de prazas estables para Medicina Interna e axilizar as xestións para incrementar as prazas MIR

Julio Torrado advirte ao goberno galego “perdido e desesperado” pola “situación crítica do sistema sanitario”

O Pleno do Parlamento aprobou hoxe parcialmente unha moción presentada polo Grupo Socialista para que a Xunta habilite unha convocatoria extraordinaria de prazas estables para Medicina Interna. O portavoz de Sanidade, Julio Torrado, reclamoulle ao goberno galego que “ademais de aprobar iniciativas para sortear o bochorno de oporse, teñen que cumprir co que acordamos”.

Julio Torrado presentou esta iniciativa cunha batería de propostas a medio, curto e longo prazo para afrontar a situación laboral do persoal deste servizo. En primeiro lugar e de forma inmediata, reclama unha convocatoria extraordinaria de prazas estables para facultativos especialistas en Medicina Interna para cubrir parcialmente as demandas máis urxentes de persoal nos diferentes servizos de Galicia.

A medio prazo, propón “comprometer a convocatoria do máximo posible de prazas de especialista en medicina interna no sistema público de saúde de Galicia nas vindeiras 3 ofertas públicas de emprego que convoquen”.

Xa a longo prazo, e para resolver ao problema con carácter estrutural, propón axilizar as accións necesarias para habilitar máis volume de prazas de formación en Galicia “en acordo e diálogo co persoal titor, e solicitar ao goberno de España que amplíen o volume de prazas MIR para poder ofertar”. Ademais, reclama reforzar as ofertas para cubrir prazas so hospitais comarcais, con “criterios de discriminación positiva” para fomentar a presenza estable de profesionais nestes centros.

Torrado lamentou sen embargo que o PP esixira retirar do acordo a parte da proposta que incorporaba “realizar os trámites e procedementos necesarios para establecer como criterio continuado a oferta de prazas estables aos profesionais que terminen a formación MIR en medicina interna en Galicia para que continúen na mesma área sanitaria durante os 4 anos seguintes a terminar a súa formación.

Perdido e desesperado

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, sinalou hoxe que o goberno galego está “perdido e desesperado” pola “situación crítica” do sistema sanitario. O responsable socialista lamentou que “mentres o sistema sanitario treme, están máis preocupados por vender un relato de éxito que de afrontar os problemas reais”.

Advertiu “certa desesperación” do conselleiro de Sanidade, que “quixo enganar” na pasada sesión parlamentaria intentando facer pasar como xubilación o que se demostrou que era a dimisión en toda regra do xefe do servizo de Medicina Interna do Hospital de Santiago.

Cualificou de “bochornoso espectáculo” a reacción do conselleiro e do goberno galego diante desta situación, que finalmente tiveron que admitir, e critico que “intentan atacar ao PSdeG por trasladar os problemas en troques de afrontar os problemas”. Ademais, dixo, estes veñen derivados dos “recortes e desatención” do goberno galego cara á sanidade pública, máis preocupados de “armar un relato de márketing” eficaz que dunha xestión acaída.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a:

  1. Realizar unha convocatoria extraordinaria, á maior brevidade, de prazas estables para facultativos especialistas en medicina interna que cubran parcialmente as demandas máis urxentes de persoal dos diferentes servizos de medicina interna de Galicia, con atención ás necesidades de cada área sanitaria.

  1. Comprometer a convocatoria do máximo posible de prazas de especialista en medicina interna no sistema público de saúde de Galicia nas vindeiras 3 OPE que se convoquen.

  1. Axilizar as accións necesarias para habilitar máis volume de prazas de formación en Galicia en acordo e diálogo co persoal titor, e solicitar ao goberno de España que amplíen o volume de prazas MIR para poder ofertar.

  1. Reforzas as ofertas para cubrir prazas nos hospitais comarcais, establecendo criterios de discriminación positiva baseados tanto nas propias condicións como nas vantaxes en futuros procedementos de desenvolvemento profesional, para garantir a presenza estable de profesionais nestes centros, facilitando a mellor calidade asistencial na vinculación profesional – paciente”.
Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38