Categorías: Actualidade

Luis Álvarez aféalle a Rueda a supresión da Tarxeta Básica e critica o “simpa permanente” da Xunta en medidas sociais

O portavoz do Grupo Socialista esixe que “pasen da fase de anuncio e supresión á de adopción de medidas” porque “a situación non só no mellorou, senón que empeorou”

O portavoz do Grupo Socialista, Luis Álvarez, criticou hoxe a supresión da Tarxeta Básica da Xunta e criticou o “simpa permanente” en medidas sociais. O responsable socialista centrou a sesión de control na decisión de Rueda de suprimir esta axuda para produtos de supermercado, hixiene ou farmacia para 75.000 galegos e galegas, e dixo: con demagoxia, a xente que máis o necesita non vai ter axuda”.

Luis Álvarez afeoulle en ton irónico ao presidente da Xunta que “vostedes non fan un simpa, vostedes fan un simpo: sen poñer nada”. Aludiu así un goberno galego máis preocupado de saír nos titulares que de apoiar á xente, e puxo como exemplo a súa obsesión por asumir como propio o Bono Alugueiro Novo para mozos e mozas de menos de 35 anos que puxo en marcha o goberno central pero que a Xunta promociona como propio.

O responsable socialista esixiulle ao presidente da Xunta que recupere a tarxeta básica que prestaba axuda económica para 75.000 galegos e galegas en situación límite para poder comprar alimentos, produtos de hixiene e de farmacia e que veñen de suprimir. O responsable socialista criticou a supresión desta medida, que supuña 31 millóns de euros ao ano, apenas o 0,02 por cento do Orzamento da Xunta para axudar ás persoas en situación de vulnerabilidade.

Reclamoulle que “volvan poñer en funcionamento a tarxeta básica” e que “mimen ao sector público e aos servizos sociais”. Esixiu que “pasen da fase de anuncio e supresión de medidas á de adopción de medidas”, e comparou a situación co anuncio do plan de choque para o sector agropecuario, que anunciaron o 22 de marzo e continúa sen executar, e que “recorda ao mellor, Feijoo, que comprometía en 2009 o AVE Lugo – Ourense, e aínda estamos agardando”.

Álvarez tomou o argumento do ex presidente da Xunta e hoxe líder do PP, Núñez Feijoo, quen vén de reclamarlle ao goberno que empregue o diñeiro recadado para tomar medidas dirixidas ás familias con rendas medias e baixas. Reclamoulle que dea exemplo seguindo esta liña porque, dixo, “coñecerá do incremento de ingresos da Xunta vía impostos, e se esta política que defende Feijoo vale para o Estado, valerá tamén para Galicia”.

O portavoz do Grupo Socialista lamentou que o goberno galego continúe sen tomar medidas mentres “seguen utilizando o ano 2009 -o da chegada de Feijoo ao goberno da Xunta- como o ano 0 da era cristiá, e ao bipartito como responsable da caída do imperio austrohúngaro, por min perfecto, pero á xente que necesita o apoio da Xunta iso non lle serve para nada”.

Advertiu que outras administracións si que están a tomar medidas de apoio ás persoas en situación desfavorecida, tanto outras comunidades autónomas como as propias deputacións galegas, e reclamoulle ao goberno galego que “rectifiquen, porque cando rectifican acertan”.

Sinalou a urxencia de manter e mesmo afondar nestas medidas polo empeoramento da situación derivada da Guerra de Ucraína, cun incremento do IPC “moi elevado” que se replica tanto en España como nos países do entorno da UE. Advertiu que “de non tomar medidas, as persoas máis vulnerables van ficar relegadas”, sinaladamente en Galicia, onde as persoas en situación de risco de pobreza medraron ata un 22,1 por cento.

Contrastou o desleixo do goberno galego co escudo social despregado polo goberno do Estado, que tomou medidas para rebaixar o prezo da enerxía, o bono social eléctrico, limitou o prezo do butano, puxo en marcha o bono transporte, limitou a suba do alugueiro a un 2 por cento, suspendendo ademais os desafiuzamentos, e tomou decisións como a suba do Ingreso Mínimo Vital ou as pensións non contributivas, ademais das medidas anunciadas no debate de onte.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38