Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Formoso reclama á Xunta a gratuidade dos abonos de transporte metropolitano en autobús

O líder dos socialistas galegos entende que a medida complementaría a gratuidade dos abonos de Renfe que vén de anunciar o Goberno e que beneficiarán a miles de galegos nas rutas ferroviarias do eixo atlántico

Formoso reclama “unidade nas medidas para facer fronte á crise” e pide ao PP que “deixe a un lado os intereses partidistas e apoie as medidas anunciadas polo Goberno “

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, reclamou hoxe á Xunta de Galicia a gratuidade dos abonos do transporte en autobús para complementar a medida anunciada onte polo Goberno de España de bonificar ao 100% os bonos multiviaxe de Renfe nos servizos de cercanías e media distancia, que beneficiarán “a miles de galegos nas rutas ferroviarias do eixo atlántico”.

“Galicia vaise ver beneficiada de moitas das medidas anunciadas onte polo Goberno. Por exemplo, 80.000 mozas e mozos galegos verán incrementada a súa beca en 100 euros ao mes e miles de usuarios do tren no eixo atlántico veranse beneficiados da gratuidade dos abonos”, afirmou Formoso, que considerou que “a gratuidade do transporte público en autobús sería necesaria no ámbito metropolitano e no ámbito rural para manter un equilibrio de esforzos por parte de ambos gobernos: o do Estado e o autonómico”.

Neste sentido, o secretario xeral dos socialistas galegos censurou a ausencia de medidas por parte da Xunta para amortiguar os efectos da crise nas economías das familias e empresas galegas. “Aínda non fomos escoitados na nosa petición de que parte dos impostos que que gravan os hidrocarburos que se consumen en Galicia e que recibe a Xunta se destinen a axudas a os sectores estratéxicos como o transporte, a pesca ou a agricultura para axudarlles a sobrelevar os efectos desta crise”, afirmou.

O líder dos socialistas galegos reclamou “unidade nas medidas para facer fronte á crise” e pediu ao Partido Popular “que deixen os intereses partidistas a un lado” e que “as medidas anunciadas onte conten co respaldo do principal partido da oposición”.

Formoso fixo estas declaracións ao remate dun acto en memoria de Miguel Ángel Blanco, asasinado por ETA hai 25 anos, no que tivo unha lembranza para as 854 vítimas mortais da banda terrorista e destacou a importancia da “unidade das forzas democráticas conta todo o que ameace ao país”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38