Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Formoso denuncia que a nova lei da auga do PP é un “sablazo fiscal” no peor momento para as familias e unha “extorsión” aos concellos galegos

O líder dos socialistas non descarta recorrer ao ámbito europeo para que analice a compatibilidade de que haxa un operador que xestione a auga pública en Galicia ao tempo que ten capacidade normativa sobre ese ámbito

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, denunciou hoxe un novo “atropelo ao pobo galego por parte do PP” coa nova Lei do ciclo da auga. “Mentres Feijoo pide en Madrid unha política de redución fiscal para todos os españois, aquí deixou aprobada unha norma que é un sablazo  fiscal en toda regra aos galegos e galegas”, afirmou.

Incidiu en que ese “sablazo” chega ademais “no peor momento para facelo”, cando a inflación está a provocar “os maiores destrozos nas economías das familias e das empresas”. Por iso, “é unha denuncia que temos que facer con total rotundidade”, aseverou Formoso.

Polo miúdo, Valentín González Formoso explicou que a nova lei suporá cobrarlle a cada familia galega un 61,6 por cento máis por metro cúbico  de auga consumida e tratada. En concreto, tras a análise dun total  de 74 ordenanzas fiscais de 74 concellos galegos a conclusión é que “se vai producir un incremento de 33 euros por metro cúbico en cada municipio”.

O secretario xeral do PSdeG tamén subliñou que a nova normativa constitúe unha “extorsión” da Xunta e do Partido Popular de Galicia aos concellos. Nesta liña, alertou de que “non haberá ningún investimento naqueles municipios que decidan non incorporarse á nova sociedade de xestión que pretende crear o goberno galego”. En consecuencia, estamos ante “unha extorsión en toda regra e un ataque á autonomía local”, un principio que regula a propia Constitución española a propia Lei de bases de réxime local, lembrou.

A maiores, Valentín González Formoso advertiu de que a nova Lei tamén é “un ataque á libre competencia”. Neste senso, explicou que ao mesmo tempo que a Xunta regula o mercado da auga en Galicia e aproba as normas para o sector, vai  operar cunha empresa no propio sector.

Convencido de que esta situación “vai en contra de todas as regras de competencia europea”, Formoso non descarta recorrer ao ámbito europeo para que analice, primeiro a través da FEMP e despois da Comisión Europea, a compatibilidade da existencia dun operador que xestione a auga pública en Galicia e que, ademais, teña capacidade normativa para decidir sobre a xestión nese ámbito.

En resumo, a creación de tres novos cánones -o de xestión das depuradoras, o de xestión dos colectores e o de abastecemento- constitúe “un sablazo fiscal no peor momento”, ademais de “un ataque á competencia e á autonomía local en forma de intervencionismo e extorsión aos concellos de Galicia”.

A XUNTA SEGUE SEN ADOPTAR MEDIDAS ANTE A SUBA DOS PREZOS

Por outra banda, Valentín González Formoso volveu lamentar a ausencia de medidas por parte da Xunta nun escenario de “moi delicado para a socioeconomía galega”, cun incremento dos prezos da enerxía, dos combustibles ou dos alimentos “que pon en tea de xuízo a viabilidade de familias e empresas”.

Neste contexto, lembrou que en Galicia “a única medida é o anuncio de Rueda para baixar o tramo autonómico do IRPF en 4 euros de media”. Ao fío disto, subliñou que a proposta do PSdeG pasa por ampliar o tramo exento e indexalo ao dato de inflación coñecido. “Non pode haber medida máis xusta se queremos favorecer ás persoas con menos recursos”, argumentou.

Ademais, Formoso considerou “imprescindible” habilitar axudas con cargo aos fondos que a Xunta recibe do Estado polo imposto de hidrocarburos. Son 556 millóns de euros de recadación, pero “a día de hoxe o goberno galego non investiu nin un só céntimo en aliviar as cargas dos prezos do combustible na nosa comunidade”. “Devólvanlle aos galegos unha parte do que recadan dos seus combustibles e axuden tamén ás empresas e sectores estratéxicos a levar esta situación da mellor maneira posible”, reclamou.

O líder socialista lembrou que hai sectores que “o están a pasar francamente mal”, como o dos transportes, o agrogandeiro ou o pesqueiro, e que “seguen esperando que se adopten medidas por parte da Xunta”. Neste senso, contrastou a ausencia de medidas do goberno galego coas que xa está a adoptar o Estado, como a bonificación de 20 céntimos por litro para o combustible, a baixada do IVE no ámbito eléctrico, a suspensión do imposto especial eléctrico ou o tope ao prezo  do gas no mercado ibérico.

A isto sumoulle a posible redución da carga burocrática na tramitación de parques eólicos estratéxicos. “Isto significará máis enerxía galega e menor custe para as familias e empresas do noso país”, concluíu.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta unha ordenación axeitada da eólica para que Galicia non perda a oportunidade de liderar a transición enerxética

A voceira de Industria e Enerxía, Patricia Iglesias, sinálalle ao Goberno galego a necesidade de facer das renovables “unha prioridade…

19/05/2024 15:29

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29