Categorías: Actualidade

A Xunta “afoga” ao sector da pesca

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, acusou hoxe á Xunta de “afogar ao sector” da pesca, nunha situación “no que cada vez menos persoas poden vivir do mar, e no que os armadores non poden aguantar moito máis”. Así o dixo na comparecencia da conselleira do Mar para dar conta diante do Pleno do Parlamento da situación da comercialización da pesca en Galicia, logo de que a conselleira admitira unha “débeda pendente” neste aspecto.

A responsable socialista criticou a falla de apoio do goberno galego a un sector que “nos últimos anos perdeu máis de 4.000 afiliados ao réxime do mar” e que coas 136 que recuperaron en 2017 “tardariamos máis de 30 anos en recuperar o nivel de 2008”. Alertou de que hoxe hai “máis de 4.000 barcos nos que non está garantida a continuidade”.

Toja sinalou a falla de interese do Executivo autonómico por executar os orzamentos para a mellora da calidade produtiva pesqueira e da acuicultura, deixando sen investir a metade do orzamento dispoñible nese programa, o que supón en torno a 733 millóns de euros nun só ano.

Mentres, o goberno galego deixou de pelexar polas cotas de pesca, deixando ao sector sen capacidade de aumentar as capturas e abocado á desaparición, e sinalou o desleixo do goberno galego á hora de repartir as cotas de sardiña, deixando a Galicia un apenas 2.800 toneladas para 300 barcos. Este reparto suporía 2.000 quilogramos por cada barco durante 3 meses, o que supón “16 euros ao día, non creo que lles dea nin para o gasoil”.

Ademais, reivindicou os selos de calidade como vía para competir con países de fora da UE, e acusou á Xunta de “deixar morrer” marcas como PescaDeRías, “nacido para asegurar que a información chegaba dende a lonxa ao prato”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13