Categorías: ActualidadeActualidade do partido

O PSdeG seguirá combatindo “a privatización, a precariedade e o deterioro” da sanidade pública “todo o que queda de lexislatura”

O secretario xeral, xunto cunha trintena de alcaldes e cargos do PSdeG, seguiu o debate sobre a reforma da Lei de Saúde dende a tribuna do Parlamento: “Feijóo e o PP dan as costas á cidadanía”

Santiago, 20 de marzo de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, asistiu hoxe, á fronte dunha delegación de case trinta alcaldes e cargos socialistas, ao Parlamento, onde o PP aprobou en solitario a reforma da Lei de Saúde de 2008.

“Feijóo e o PP están dando as costas á cidadanía”, lamentou o líder dos socialistas galegos ao termo da votación, en alusión ao nivel de rexeitamento deste cambio normativo que se ten observado nas distintas mobilizacións que tiveron lugar tanto nas comarcas como en Santiago.

Ademais, tras escoitar a exposición do voceiro popular na Cámara, Gonzalo Caballero criticou que a dereita “intenta trasladar unha visión irreal do mundo” falando de que “a sanidade está indo a mellor e de que as listas de espera se reducen”. “Viven no seu propio mundo”, reprobou.

Fronte a isto, sinalou que hoxe os cidadáns galegos están “preocupados pola situación da sanidade pública” e que rexeitan, ao igual que os socialistas, “o deterioro que está provocando a política conservadora” neste servizo público “por razóns ideolóxicas”.

FEIJÓO, AUSENTE

Así é que o PSdeG, avanzou o secretario xeral, manterá “unha campaña intensa de mobilización” en prol da sanidade pública “día a día e mes a mes” durante “todo o que queda de lexislatura”. “Non podemos permitir a privatización, a precariedade e o deterioro da sanidade pública que están implicando Feijóo e o PP”, sentenciou.

Precisamente, sobre Feijóo, Gonzalo Caballero cuestionou que nin sequera acudira á Cámara no momento da votación. “Tería que estar á fronte do que está levando a milleiros de galegos á rúa e que está supoñendo o deterioro da sanidade pública”, recalcou.

DELEGACIÓN SOCIALISTA

Como mostra da importancia que os socialistas confiren á sanidade pública, ao debate asistiron case unha vintena de alcaldes e alcaldesas –fundamentalmente das catro áreas sanitarias que van ser suprimidas- encabezados polo presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alfredo García, rexedor do Barco de Valdeorras.

Estaban presentes as alcaldesas de Trabada, Viveiro, A Lourenzá e Cambados; así como os alcaldes de Alfoz, Burela, Ourol, O Valadouro, A Illa de Arousa, Catoira, Vilamartín de Valdeorras, A Rúa, Monforte, Vilagarcía, Petín e Ribas de Sil. Así mesmo, estaba o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, tamén alcalde da Pontenova.

Do mesmo xeito, entre outros membros do PSdeG, acudiu o secretario provincial de Lugo, Álvaro Santos, como representante do partido nunha provincia que perderá dúas áreas sanitarias: a da Mariña e a de Lemos.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13