Categorías: Actualidade

O PP impide incorporar a perspectiva de xénero ás políticas de I+D+i

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, lamentou o veto do PP a unha moción socialista para incorporar a perspectiva de xénero nas políticas de I+D da Xunta de Galicia. No debate desta iniciativa, critico a negativa do PP a afrontar a “necesidade de que a Xunta volva recuperar a iniciativa política”.

A responsable socialista advertiu que Galicia ten hoxe un 16 por cento menos de mulleres investigadoras que hai dez anos, unha década na que a situación da muller “mantense estancada” en todo o Estado. Puxo como exemplo a Unidade de Muller e Ciencia do goberno galego, creada polo goberno do socialista Emilio Pérez Touriño e que permanece “conxelada” dende 2009, mesmo coa súa web sen actualizar dende hai 9 anos.

Burgo lamentou o desleixo do goberno galego á hora de rachar co “teito de cristal” e os estereotipos de xénero que “seguen funcionando” e se ceban sinaladamente nas mulleres investigadoras. Así, apuntou que a porcentaxe de mulleres beneficiarias de axudas de I+D+i resulta “significativamente inferior” á dos homes, e puxo como exemplo que as revistas científicas publican un 10 por cento menos de artigos asinados por mulleres.

Respondeu ademais á apelación ao “sentidiño” da portavoz do PP lembrando que “o seu concepto e noción do sentidiño será que o presidente do Goberno diga que non nos metamos niso da fenda salarial”. Puntualizou que “prefiro o meu sentidiño de intentar arranxar os problemas da muller na ciencia, onde vostedes non fixeron nada dende 2009.

Proposta

Os socialistas galegos presentaron unha moción para reclamar a posta en marcha da Unidade de Muller e Ciencia paralizada dende 2009. Tamén solicitaban incorporar as directrices aprobadas polo Parlamento Europeo para incorporar a dimensión de xénero á I+D, eliminar as barreiras ao avance da carreira das investigadoras e adoptar estratexias globais para encetar un cambio estrutural que permita corrixir esta situación.

A proposta defendida por Burgo reclama “medidas activas concretas” para impulsar a participación da muller neste terreo e aplicar unha estrita igualdade de oportunidades. Instou así a incorporar a dimensión da igualdade na RIS3, no Plan Galicia Innova 2020, nos estatutos e accións da Axencia de Innovación, da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e demais centros e entes públicos relacionados coa I+D+i.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13