Categorías: Actualidade

O PP impón a Lei da Selva na sanidade pública

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, criticou que o PP aprobou hoxe a reforma da Lei de Saúde en solitario e sen aceptar as aportacións da sociedade nin da oposición para impoñer “a Lei da Selva” na sanidade pública. Así o dixo no debate final en Pleno da Lei que suprime as áreas comarcais de A Mariña, O Salnés, Valdeorras e Lemos e limita a participación social.

O responsable socialista criticou que o PP teña apoiado esta reforma negándose a garantir os servizos sanitarios, tal e como solicitaban os socialistas galegos porque están, dixo, “obsesionados con condicionalos”. Advertiu que esta nova redacción diminúe os servizos sanitarios e vulnera o dereito á igualdade na atención sanitaria para tódolos galegos e galegas.

Torrado lembrou que o PP “sempre se opuxo a defender a sanidade pública”, tanto no debate da Lei Xeral da Sanidade de 1986 como na transferencia da sanidade a Galicia en 1989 ou na Lei de Saúde de 2008 e, agora, reformando a Lei galega.

Advertiu que “non conten nunca con desmantelar o sistema e que os demais quedemos calados” porque, dixo, “non se pode facer política pensando só en cadrar os papeliños e as contas –as súas e as de outros- senón en garantir dereitos”.

Aludiu así ás manifestacións contra esta reforma ou ás protestas da cidadanía e dos alcaldes das áreas sanitarias suprimidas, que hoxe asistiron ao debate no Parlamento xunto co secretario xeral do PSdeG.

Apuntou que ao PP e ao goberno galego “gústalles” esta reforma “pero non queren dicir por que, e sinalou que “non lles gusta o sistema sanitario público porque iguala, e para vostedes a igualdade é algo perigoso”. Lamentou que teñan aprobado esta reforma “obcecados e agochados, como nenos facendo algo mal” logo dun trámite “nunca anunciado e nunca aberto ao debate”.

Lembrou así que o anteproxecto foi tramitado en plenas vacacións de agosto, a pesares do cal recibiu 1.500 alegacións cidadás “que ningunearon e desprezaron”, ás que se sumaron as 100 propostas presentadas polos colectivos profesionais, ás que o PP tamén fixo caso omiso, e outras 100 dos grupos parlamentarios, das que só aceptaron 3 e transaccionaron unha.

Criticou que a reforma “nunca foi anunciada nin aberta ao debate” xa que non ía incluída no programa do PP, foi levada adiante “sen falar con ninguén”, e o conselleiro nin sequera quixo comparecer na Cámara para explicala, limitándose a falar “14 minutos” no momento de presentar o texto no Parlamento.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08