Categorías: Actualidade

Veto do PP a reclamar 30 novas competencias “razoables, razoadas e perfectamente viables”

O viceportavoz do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, lamentou hoxe o veto do PP á proposición non de Lei presentada hoxe polos socialistas galegos para reclamar 30 novas competencias “razoables, razoadas e perfectamente viables” para Galicia. Arangüena lamentou que ao PP “non lles interesa o autogoberno, senón a confrontación”.

Afeoulle á Xunta que nos últimos 12 anos non teñan acadado nin unha soa nova competencia para Galicia, renunciando a pedir novas atribucións durante os 7 anos de goberno de Rajoy para presentarse as eleccións de 2020 pedindo os mesmos traspasos que incluíran no seu programa de 2009, facendo de cada comicios “unha sarta de mentiras”. Criticou que agora se presenten como partidarios de pedir transferencias mentres rexeitan a proposta socialista.

A iniciativa replicaba unha petición de transferencias que os socialistas presentaran hai xa dous anos para avanzar no modelo autonómico en base a un “federalismo dinámico” pedindo a xestión de materias como tráfico, inspección laboral, litoral, dominio público marítimo – terrestre ou a demarcación xudicial, entre outras. Defendeu “pensar en clave federal para superar as tensións territoriais” con propostas posibles que eluden “ningunha extravagancia nin brinde ao sol”.

Pablo Arangüena presentou a vía de completar o autogoberno para Galicia fronte ao “perigo” da “tentación centralizadora e do independentismo”, a primeira integrada por “Vox e representada no PP” e a segunda polo “intependentismo que cristaliza no esperpento de Cataluña”, onde se “tiran ao monte enganados polos Pujol, que exaltaban paixóns identitarias mentres despregaban a corrupción a escala industrial, confundindo a patria co seu peto”.

Acusou á Xunta de ter “abdicado da reivindicación da nacionalidade histórica por dobre vía, renunciando a ampliar o autogoberno” sen unha soa nova competencia en 12 anos e renunciando a exercer as súas competencias, sinaladamente en materia industrial e de promoción económica. Censurou que teñan situado no goberno central de “todo o negativo”, cando a crise deriva de cambios económicos e industriais globais e a ausencia de políticas do goberno galego.

Mentres, o goberno galego renuncia ao goberno eficaz, fuxindo do exercicio de competencias “acadadas con moito esforzo”, para primar o “escapismo que levan practicando durante toda a pandemia”, responsabilizando “ao goberno central, ás administracións locais, a Portugal e por suposto á propia cidadanía”.

Jacobaltarismo

Pablo Arangüena comezou a súa intervención amosando a súa “repulsa” polo “intento antidemocrático do jacobaltarismo –como cualificou ao acordo de facto entre PP e Jácome para manter a este último á fronte da alcaldía de Ourense- de silenciar e expulsar da política ao candidato máis votado”.

Explicou que esta manobra do PP, que respondeu á proposta do portavoz socialista de renunciar á alcaldía reclamando a súa expulsión da política, “forma parte dun caldo de cultivo fascista moi perigoso, e unha mostra máis de que Vox está no PPdeG”. Reprochoulles que reclamen a retirada dun político “honrado e limpo” logo de 30 anos sendo “partícipes do caciquismo e dos chanchullos do PP de Ourense”.

A intervención suscitou unha crítica do PP a “cuestións orgánicas do PSdeG que comparan co caciquismo de Ourense”, dixo Arangüena, que aclarou que “o caciquismo, o nepotismo e a corrupción é o que me preocupa, e non os seus problemas orgánicos”.

Tamén replicou á “comparación desafortunada” do PP, que equiparou a este parlamentario cun dirixente de Vox, explicando a traxectoria da súa familia, cun avó expedientado e represaliado por simpatizar con Azaña e un pai incluído na lista de persoas a depurar polos promotores do golpe de Estado de 1982. Comparouno coa “tradición” do PP, fundado polo tío do actual portavoz, que “facía fotos vestido da Falange co puño en alto, ademais de gobernar agora amparados por Vox”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00

José Miñones sinala que o “demoledor” informe do Consello de Contas constitúe unha “emenda á totalidade” da política sanitaria de Rueda e da Xunta de Galicia

Apunta que os relevos nas xerencias das áreas sanitarias de Santiago, Ourense e Ferrol “evidencian que a sanidade galega é…

11/05/2024 11:00

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10