Categorías: Actualidade do partido

Triunfalismo e chovinismo no discurso de Fin de Ano Feijóo

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, dixo que o discurso do presidente da Xunta “caracterizouse polo triunfalismo, a autocompracencia e o autobombo”. Lamentou que a intervención “non respondera ás inquedanzas e ás necesidades dunha cidadanía que ve como Galicia perde peso demográfico e pulo económico e industrial e sofre os recortes nos servizos públicos”.

O discurso de Feijóo “esquece os os problemas da Galicia real para recrear unha situación idílica que non é na que viven as familias galegas”. Fronte ao triunfalismo e o chovinismo do discurso de Feijóo, dixo, “reivindicamos realismo e solucións aos problemas dunha Galicia que vai a peor”.

Sinala que “o balance economico que fai o presidente da Xunta esquece o conxunto de dificultades que padece un país con baixos salarios e pensións, recortes nos servizos públicos, maior exclusión e unha preocupante desigualdade”. O mesmo que sofre “longas listas de espera na sanidade pública, abandono do medio rural e poucas posibilidades de futuro para a xente nova, entre outras”.

Engadiu que “as galegas e os galegos non nos podemos ver reflexados nun discurso oficialista que non representa á realidade do país, que falla no balance e que non amosa estratexia”. “A falla de atención –engade- ás prioridades sociais das galegas e os galegos no discurso fainos valorar que implica un enfoque errado”.

Terrorismo incendiario

Asimesmo considera que “centrar o grave problema dos incendios que sufriu Galicia en 2017 nun suposto terrorismo incendiario e na valoración da resposta cidadá implica eliminar calquera referencia autocrítica ao fracaso da política forestal e de incompetencia na prevención e loita contra incendios”. Sinala que “é necesario partir dunha análise máis precisa que implique responsabilidades e cambios nas políticas públicas do goberno galego”.

Finalmente, sinala que “o financiamento autonómico ten que garantir o acceso de tódolos cidadáns aos servizos públicos, con independencia dos territorios dentro do Estado”. Neste punto, advirte que “os socialistas galegos amosamos a nosa disposición a traballar en 2018 para que Galicia non perda recursos nin posición relativa no financiamento autonómico”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41