Categorías: ActualidadeActualidade do partidoNovasPortada

Formoso destaca no Festival de Cans ao audiovisual galego como “un piar fundamental da industria cultural do país”

O líder dos socialistas galegos, xunto con compañeiras e compañeiras do PSdeG, asistiu este mediodía á inauguración da estrela dedicada ao cineasta Daniel Monzón

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, salientou hoxe a “excelente plataforma” que supón o Festival de Cans para amosar “o talento creativo e o enorme potencial do audiovisual galego”.

Precisamente, co obxectivo de manifestar o seu apoio decidido ao sector e o seu compromiso co que debe ser “un dos piares fundamentais da industria cultural do país”, Formoso acudiu hoxe á aldea porriñesa para tomar parte nos actos programados con motivo da clausura da edición número 19 deste certame.

Alí, acompañado dunha representación de membros do Partido Socialista de Galicia, tivo a oportunidade de asistir ao acto de homenaxe e inauguración da estrela ao cineasta Daniel Monzón no Torreiro das Estrelas.

Tras felicitar ao director e guionista de películas tan relevantes como Celda 211, El niño ou a recente Las Leyes de la Frontera, Valentín González Formoso tamén avogou por un sector audiovisual galego “potente e vivo”.

Queremos”, dixo, “que ademais de crear emprego e aproveitar o noso talento creativo, tamén amplíe a súa capacidade para proxectar a imaxe de Galicia ao mundo”. “Con ese compromiso”, proclamou, “traballaremos dende o PSdeG”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08