Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Formoso chama ao PSdeG a poñer toda a enerxía nas municipais para volver a presidir a Xunta: “Non podemos perder nin un minuto”

Chama á militancia e cargos socialistas a estar moi presentes na rúa e a “actuar sen complexos” para resolver os problemas das persoas

O líder dos socialistas galegos acusa a Rueda de conformar un “goberno sucedáneo” para Galicia. “É unha copia empeorada do que xa había”

O secretario xeral do Partido dos Socialistas de Galicia, Valentín González Formoso, convocou este sábado ao PSdeG a poñer toda a súa enerxía na preparación das eleccións municipais que terán lugar xusto dentro dun ano para “contribuír a mellorar a vida das persoas dende os concellos”, e facelo ademais nun momento de gran incerteza de cara ao futuro. “Temos que estar na rúa, escoitar aos veciños e actuar sen complexos”, arengou Formoso dende Brión, onde salientou que “non podemos perder nin un minuto” nesta tarefa, pois as eleccións locais van ser tamén a antesala para que un socialista volva a presidir o goberno da Xunta de Galicia.

Formoso participou este sábado no xantar socialista da carballeira de Santa Minia, en Brión, xunto con varios alcaldes, concelleiros e militantes da comarca de Santiago. Na súa intervención dixo que nun momento de grandes dúbidas e incertezas derivadas da guerra de Ucraína e do encarecemento da enerxía, os combustibles e outros produtos básicos, os alcaldes socialistas “son parte da solución” para “levantar o país” e que ninguén se quede atrás.

Reivindicou Formoso, que tamén é alcalde de As Pontes, que o PSdeG é unha formación cunha fonda vocación municipalista e con experiencia, que sabe o que hai que facer en cada concello que goberna, como demostrou en case todas as cidades de Galicia, en Vigo, na Coruña, Lugo ou Santiago, pero tamén en Brión, en Ames, Oroso ou Negreira.

Nós non chegamos aos sitios para resignarnos e deixar as cousas como están”, como asegurou que fan outros, “nin tampouco vimos para aprender ou para facer experimentos”. Insistiu en que o PSdeG chega sempre coa lección aprendida, a lección que atesoura un partido con 143 anos de historia e que sempre se mantivo fiel aos seus principios, a garantir os mesmos dereitos para todos, a impulsar a igualdade de oportunidades entre as persoas, a combater as inxustizas ou a crear unha rede potente de servizos públicos.

Entende Formoso que eses son os principios que deben guiar o traballo dos socialistas de cara as eleccións municipais de dentro dun ano. Insistiu na necesidade de manter o pulso da rúa, de ser próximos e ter presenza entre a xente, de escoitar de forma directa aos cidadáns e cidadás e aportar solucións a cada un dos seus problemas. “Esa sempre foi a nosa fórmula para o éxito”, a cercanía, a confianza e a “credibilidade das nosas propostas”. E esa potencia municipal vai ser tamén un compoñente importante da fórmula coa que o PSdeG, salientou Formoso, pensa artellar unha alternativa para volver a liderar o goberno de Galicia.

GOBERNO SUCEDÁNEO”

O líder dos socialistas galegos tamén fixo unha referencia a presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Pediulle que, unha vez rematados os prolongados festexos da súa sucesión, se poña a traballar dunha vez nas decisións que hai que tomar para evitar que este país se pare e continúe perdendo dinamismo económico, laboral e social.

Temos moitas dúbidas”, dixo Formoso, de que Rueda estea no camiño correcto, pois nomeou un “goberno sucedáneo” de outro que xa arrastraba debilidades e unha falta de impulso manifesta. “O novo goberno da Xunta é unha copia empeorada do que xa había”, recalcou Formoso, “e moito me temo que non vai estar á altura dos desafíos que ten este país”.

Con todo, o secretario xeral do PSdeG dixo que agardará un tempo prudencial a ver se se canaliza a vía de diálogo e colaboración que lle ofreceu a Rueda para resolver os problemas da atención primaria, para reforzar o modelo de coidados das persoas maiores e para potencia a innovación tecnolóxica.

Xa sabemos que no tocante á gobernabilidade da cidade de Ourense non queren falar, que están conformes coa indignidade e a vergoña que representa Jácome”, dixo, pero confía en que coas cuestións antes citadas si poida haber un diálogo construtivo.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28