Categorías: Actualidade do partidoNovasSecretaría Xeral

Formoso reivindica ao PSdeG como “alternativa ao PP” e lanza unha mensaxe aos progresistas galegos: “Tedes abertas as portas do Partido Socialista para construír un país con futuro”

O secretario xeral do PSdeG proponlle a Rueda tres grandes acordos urxentes de país no eido da economía e o emprego, a atención primaria e a protección social das persoas maiores

Proclama que “nunca serei un secretario xeral que se atribúa as vosas vitorias e renuncie ás vosas derrotas”

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reivindicou hoxe ao Partido Socialista como “alternativa ao Partido Popular” en Galicia. “Non nos resignamos”, proclamou na súa intervención co Comité Nacional Galego, onde tamén aproveitou para lanzar unha clara mensaxe a todos e todas as progresistas de Galicia: “Tedes abertas as portas do PSdeG para construir un país con futuro entre todos e todas”.

Podemos facelo, sabemos facelo e farémolo”, sinalou antes de engadir que estamos “nun momento apaixonante no que ofreceremos proximidade, credibilidade e ilusión a Galicia”. “Para iso”, animou, “precisamos o concurso de todas e todos vós”.

Así, neste “momento apaixonante” pero tamén “crítico que estamos a vivir”, Valentín González Formoso fixo un chamamento a “estar á altura das circunstancias” cun “compromiso en positivo” no que se prioricen “os intereses dos galegos e galegas”.

ACORDOS EN TRES ÁMBITOS URXENTES PARA GALICIA

Con este obxectivo, ás portas da elección do novo presidente da Xunta, o líder socialista anunciou que “é a nosa intención ofrecer un ámbito de acordo no país con tres eixes que consideramos urxentes”. Trátase, en concreto, dos eidos da economía e o emprego, a atención primaria e a protección social para os nosos maiores

No referente ao primeiro gran acordo, Formoso avogou por acelerar a adaptación do modelo económico galego a unha aposta rigorosa pola innovación e a ciencia ata acadar o 3% do PIB.

Do mesmo xeito, incidiu na necesidade de que Galicia co-protagonice, xunto con España, a revolución verde cunha aposta pola enerxía eólica e o hidróxeno. Nesta liña, lembrou o pacto acadado entre o PSdeG e diferentes entidades sindicais e sociais de Galicia para promover o Pacto polas enerxías renovables. “Galicia sabe facelo ben e debe facelo sen complexos, con seguridade en si mesma e priorizando o apoio a proxectos comprometidos co interese xeral e renunciando aos especulativos”, afirmou.

No ámbito da sanidade pública, o secretario xeral do PSdeG propuxo un acordo pola atención primaria, “que está a ser un quebradeiro de cabeza para os galegos e galegas” e que se atopa “nun nivel de deterioro que nunca vimos antes”. Ao fío disto, describiu un escenario con desmoralización dunha poboación envellecida que non ten atención presencial, esperas de 15 días para que che dean unha cita ou escaseza de persoal.

Fronte a esta situación, Formoso anunciou que “insistiremos nun acordo para reclamar a dotación de medios e o compromiso de que en 48 máximo o paciente teña acceso a unha consulta co seu médico de cabeceira de maneira presencial”. Nesta liña ía, precisamente, a proposición de lei presentada polo PSdeG no Parlamento e que foi rexeitada polos votos en contra do Partido Popular.

Por último, o terceiro gran acordo que propón o Partido Socialista céntrase na protección social dos nosos maiores, “que son e usuarios e usuarias de residencias xestionadas por entidades privadas porque a Xunta non promoveu nin unha soa residencia de xestión pública en 13 anos”.

Formoso subliñou que “este acordo pretende evitar o drama que supuxo durante a pandemia a realidade de abandono, irresponsabilidade e mercantilismo que agromou na xestión das residencias”. “O PSdeG aposta polas residencias de xestión pública directa para os nosos maiores”, enfatizou como alternativa.

Son tres ámbitos”, defendeu Formoso, “para o acordo urxente e que responde ás preocupacións dunha cidadanía que agarda que o PSdeG recupere o goberno da Xunta para levar a cabo esa Galicia que tanto soñamos”.

A “POLÍTICA DE ALTURA” DAS CIDADES E VILAS COMO BASE PARA CHEGAR Á XUNTA

Neste contexto, puxo de relevo o modelo “que estamos a practicar nas cidades nas que gobernamos -Vigo, A Coruña, Ferrol, Lugo e Santiago- e que en pouco tempo levaremos a cabo tamén na cidade que reclama dignidade, a cidade de Ourense”. “Comprometémonos con volver a ilusionala dentro dun ano”, anunciou entre aplausos.

De igual xeito, Formoso reivindicou “a política de altura” que está a realizar o PSdeG dende o goberno en outras máis de cen localidades galegas, e tamén nas que se está na oposición. “Son a nosa forza base política principal e que ningunha outra formación pode expoñer”, lembrou antes de remarcar que o PSdeG é “a forza maioritaria que aglutina ao 62 por cento da poboación no ámbito político municipal, onde se lle ve a cara e se convive diariamente coa veciñanza”.

Esas mesmas políticas serán as que senten as bases de actuación “que levaremos a cabo no goberno de Galicia e que o PSdeG acadará nas próximas autonómicas”. Antes diso, advertiu Formoso, “as municipais son vitais para apuntalar e catapultar o noso proxecto”.

Para iso, proclamou que “serei un secretario xeral que permanecerá a carón de quen poña a cara no cartel electoral en cada vila e concello e axudarei sempre a quen compoña esas listas”. “Nunca serei”, concluíu, “un secretario xeral que se atribúa as vosas vitorias e renuncie ás vosas derrotas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18