Categorías: Actualidade

Begoña Rodríguez Rumbo denuncia que a Xunta deixa sen bono social eléctrico ao 82 por cento das familias galegas en situación de pobreza severa

A viceportavoz do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, acusou hoxe á Xunta de deixar sen bono social eléctrico ao 82 por cento das 44.442 familias galegas en situación de carencia material severa. A responsable socialista presentou unha pregunta oral para reclamarlle á Xunta que incremente o número de familias que poidan percibir esta axuda.

Rodríguez Rumbo apelou aos propios datos achegados pola Xunta de Galicia, que “presume” de terlle concedido o bono social eléctrico a 5.278 familias en 2020, apenas o 12 por cento do total de fogares con carencia material severa.

Urxiu ao goberno galego que “cambien os requisitos” para que poidan “entrar tódalas familias que estean en condición de carencia material severa”, o que, sinalou “significa que non se poden facer cargo da factura eléctrica, nin tan sequera da factura térmica”. Considera que unha axuda que só chega ao 18 por cento de quen realmente o necesita resulta “indefendible” e constata que “xestionan, pero xestionan mal”.

Rodríguez Rumbo lembrou que o goberno galego percibiu 6,3 millóns de euros dende o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, que son xestionados “de forma moi cuestionable” por parte do goberno galego a través do Instituto Enerxético. Denunciou que o PP leva 13 anos “amparándose na publicidade e a propaganda, dicindo unhas cousas, mentres a realidade dos datos demostran outras”.

A responsable socialista propúxolle ao goberno galego que destinen parte do orzamento da Renda de Integración Social de Galicia –Risga-, que deixaron de investir dende a posta en marcha do Ingreso Mínimo Vital, a “atender a estas familias que quedan fora”.

Lembra que a xestión de Feijóo deixou Galicia nunha situación “alarmante” cando en 2020 había en Galicia 695.890 persoas en risco de pobreza ou exclusión social –Arope-, o 25,7 por cento da poboación, e segundo a Rede europea de loita contra a pobreza e a exclusión social, naquel mesmo ano había 598.000 persoas baixo o limiar da pobreza.

Acusou ao PP de “buscar o rédito político” e “poñer os votos por riba das necesidades das persoas” votando “en contra de que chegaran 140.000 millóns de fondos europeos Next Generation EU, en contra das ampliacións dos estados de Alarma, e mesmo en contra da reforma laboral”. Tamén votaron en contra do decreto 8/2021, que garante o subministro de auga e enerxía a consumidores vulnerables, garante o dereito ao bono social e á protección en materia de vivenda.

O mesmo PP, dixo, que nin sequera foi quen de votar a favor do Decreto 23/2021 de medidas urxentes en materia de enerxía para a protección dos consumidores e a transparencia nos mercados de electricidade e gas natural, e que regulaba o incremento do bono eléctrico. A súa obsesión pola “confrontación co goberno de Pedro Sánchez”, dixo, levounos a votar en contra mesmo do Decreto do plan de choque fronte á crise do pasado 28 de abril.

Daquela, explicou, “votaron en contra da bonificación de 20 céntimos ao combustible, da prohibición de despedimento de traballadores ás empresas beneficiarias de axudas ou ERTEs con apoio público, da limitación da revisión dos alugueres ao 2 por cento, o incremento do 15 por cento do IMV, a ampliación do bono social eléctrico a 600.00 familias, a extensión das baixadas fiscais na factura da luz ou 75 millóns adicionais para o bono social térmico”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28