Categorías: Actualidade

Gonzalo Caballero censura o “continuismo” da política económica da Xunta: “Rueda confirma ao conselleiro de Economía cando a industria galega caeu nun 10% no último ano”

Defendeu, nunha proposición non de lei, novas liñas de acción do Igape para reforzar ás empresas galegas nos mercados exteriores, ás que se opuxo o PP

Alerta do “preocupante” escenario industrial porque vén de coñecerse que, “mentres a industria creceu en España nun 1.1% no último ano, en Galicia se desplomou”

O voceiro de Economía do Grupo Socialista, Gonzalo Caballero, censurou hoxe a política económica “continuista” que promove Rueda para a Xunta ao anunciar que manterá ao conselleiro de Economía no goberno que se conforme a vindeira semana.

Fíxoo na Comisión de Economía do Parlamento, onde defendeu unha proposición non de lei, á que se opuxo o PP, para urxir ao IGAPE a novas liñas de acción para un “compromiso de acción preferente” coas empresas galegas do exterior afectadas polo actual escenario económico e pola guerra de Ucraína.

“Mentres o goberno da Xunta está pendente da súa renovación e cando Feijóo abandonou Galicia, o goberno galego non pode seguir cos brazos caídos e agardando a que o PP dote a Galicia dun goberno en plenitude de funcións”, reivindicou o dirixente socialista, xa que “cada semana que pasa sen tomar medidas económicas, é unha semana de abandono que os galegos e galegas non merecen”.

Ás portas da sesión de investidura do novo presidente do Executivo autonómico, Gonzalo Caballero criticou o “nefasto” balance de 13 anos de goberno de Feijóo en Galicia que perdeu 100.000 habitantes; ten 60.000 traballadores e traballadoras ocupadas menos; “máis que triplicou” a débeda pública, que pasou do 6,8 ao 20,4%; e incrementou a taxa de paro de longa duración e de paro xuvenil.

“Mentres a industria creceu no último ano en España no 1,1%, a produción industrial en Galicia desplomouse nun 10%, sendo a comunidade que máis caeu en toda España”, alertou o socialista, o que evidencia que temos unha Galicia “cada vez menos puxante, menos vital e con menos emprego”.

Neste sentido, lembrou que, con respecto a 2009, Galicia ten menos investigadores e investigadoras a tempo completo no sector público; sufriu un recorte nos servizos públicos; pecháronse 138 colexios; e hai 700 camas menos nos hospitais galegos. Ademais, alertou, “unha de cada cinco persoas en Galicia está en situación de pobreza e unha de cada dez en situación de pobreza severa”.

UNHA ECONOMÍA SEN EMPREGO “É UNHA ECONOMÍA SEN FUTURO”

“Unha economía que non xera emprego é unha economía sen futuro”, resumiu o socialista, quen pediu ao goberno galego que faga “un esforzo” para poñer “toda a capacidade da administración autonómica na busca de solucións”, xa que é preciso establecer unha diagnose e liñas de acción “que permitan apoiar ás empresas e xerar emprego” porque “Galicia merece algo mellor”.

Nun contexto marcado polo incremento de prezos, pola crise enerxética e polos problemas de subministro, Gonzalo Caballero urxiu á Xunta que deixe de “botar balóns fóra” e se poña “a carón” do tecido produtivo para “impulsar” ás empresas galegas.

“É O MOMENTO DE QUE A XUNTA POÑA A FUNCIONAR O IGAPE”

“É o momento de que a Xunta poña a funcionar o Igape como mecanismo de apoio e axuda á hora de garantir insumos, materias primas e necesidades”, así como para apoiar con liñas de acción ao sector das exportacións afectado pola guerra de Ucraína, requiriu o socialista, xa que “as empresas galegas precisan apoio ante as dificultades tanto polos inputs como polos outputs”.

Neste sentido, advertiu que, por exemplo, as medidas de confinamento na busca de covid cero decretadas recentemente polas autoridades en China poden afectar aos insumos e a cadea de produción das empresas nun futuro próximo, polo que, “hai que estar preparado por si así fose”.

O PP E VOX, “EN CONTRA DE PÓR 16.000 MILLÓNS DE EUROS EN CIRCULACIÓN POLA CRISE”

Por último, o socialista censurou o posicionamento do novo PP de Feijóo e de Vox tras votar en contra do decreto promovido polo goberno progresista de España “que pon 16.000 millóns de euros en circulación para facer fronte aos retos da economía nunha situación difícil”.

Isto, lamentou, supón opoñerse á rebaixa de 20 céntimos por litro de combustible, á subida do Ingreso Mínimo Vital, ao bono social eléctrico para 600.000 familias máis, á rebaixa impositiva pola luz ou a 6.000 millóns en axudas directas, entre outras cuestións. “O PP prefire estar amarrado a Vox” e isto, augurou, “vaille pasar factura”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13