Categorías: Actualidade

Luis Álvarez tilda de “espectáculo” a designación de Feijóo como senador: “non é para defender os intereses dos galegos e das galegas, senón polos intereses exclusivos do PP”

O portavoz do Grupo Socialista manifesta “serias dúbidas” sobre o proxecto de Rueda porque representa un “proxecto esgotado” con “ningunha capacidade de innovación e de ofrecer nada novo”

Begoña Rodríguez Rumbo esíxelle ao futuro presidente da Xunta “negociar e actualizar o financiamento dos concellos” logo de 13 anos nos que “esqueceron que deben financiar ás corporacións locais”

O portavoz do Grupo Socialista, Luis Álvarez, cualificou hoxe de “espectáculo” a renovación de dous senadores do PP por designación autonómica para despexarlles o escano a Feijóo e Miguel Tellado. Lembrou que esta figura está concibida para defender os intereses da Comunidade Autónoma que representan, xusto ao contrario que sucede neste caso.

O responsable socialista resumiu que a súa presencia no Senado responde a “buscarlle encaixe para que Feijóo poida estar en Madrid de forma máis permanente. Non é pola defensa dos intereses dos galegos e das galegas, senón que responde aos intereses exclusivos do PP”, para “encaixar as pezas” e que tanto Feijóo como o seu número catro, Miguel Tellado, poidan “manexar a maquinaria do PP a nivel estatal”.

Estas designacións queren “resolver un problema de representatividade para ter posto en Madrid”, porque será “a única maneira de que Feijóo poida facerlle fronte ao presidente do Goberno e, no caso de Tellado, para que poida ter un posto en Madrid”.

Puntualizou que “é un método lexítimo, pero que desvirtúa os motivos polos que existen os senadores autonómicos”. Apuntou que Feijóo enfróntase a un “problema” no Senado respecto de “que vai facer cando se enfronte aos intereses enfrontados entre as distintas comunidades autónomas, ao definir o seu modelo de financiamento autonómico, ou por exemplo na tensión entre o sur e o norte no caso da construción naval, por exemplo”.

Sesión de investidura

Álvarez confesou hoxe ter “serias dúbidas” sobre o proxecto político de Rueda, que mañá se enfronta á primeira xornada da sesión de Investidura, por canto representa un “proxecto esgotado” e sen “ningunha capacidade de innovación e de ofrecer nada novo para mellorar a vida dos galegos e das galegas”. Lembra que Rueda, como un dos conselleiros máis veteranos do goberno galego, é “corresponsable” das políticas do PP nos últimos 13 anos.

Sen embargo, apuntou que os socialistas galegos presentarán na sesión de investidura unha oferta de diálogo formalizada polo secretario xeral, Valentín González Formoso, diante do Comité Nacional Galego deste pasado sábado, centrada en tres eixos fundamentais, como son a sanidade pública, a atención ás persoas maiores e a reactivación do modelo industrial e económico.

En canto á sanidade pública, os socialistas manterán a liña dirixida a modificar a Lei de Saúde, e a Lei de Garantías Sanitarias como resposta a meses nos que a Atención Primaria está “colapsada e incapaz de darlle resposta ás necesidades da poboación”. Tamén reclamou un acordo para mudar a asistencia aos maiores apostando por un modelo de residencias público, que dea resposta ao déficit estimado en 14.000 prazas por parte dos xerentes dos consorcios de servizos públicos.

Finalmente, chamou a reactivar o modelo industrial e económico de Galicia, logo de que se fixara público que mentres a industria medrou un 1,1 por cento no Estado, en Galicia reduciuse un 10 por cento, un dato “demoledor”. Reivindicou un modelo enerxético que faga de Galicia unha rexión pioneira cun programa de recuperación do talento e que aproveite os recursos propios para liderar o cambio de modelo enerxético.

Financiamento local

A viceportavoz do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, compareceu hoxe xunto con Álvarez para centrar mensaxe na necesidade de que o novo goberno galego negocie a actualización do financiamento dos concellos. Lembra que a Xunta non ten “nada feito” malia que se trataba dun compromiso electoral, na liña dos últimos 13 anos, nos que “esqueceron que deben de financiar ás corporacións locais”.

Afeoulle ao goberno galego que malia sobrecargar aos concellos descargando sobre eles competencias que son propias do Executivo autonómico pero sen incorporar financiamento imprescindible para levalas adiante. Durante toda a etapa de goberno de Feijóo, lembra, “manteñen os mesmos 113 millóns de euros” do Fondo de Cooperación Local que recibían en 2009 logo do incremento de 27 millóns por parte do goberno presidido polo socialista Emilio Pérez Touriño.

E todo isto, explica, malia á “sobrecarga importante” sobre as súas competencias, como por exemplo os fondos covid, que a Xunta si que recibiu pero que “transferiulles 0€ ás corporacións locais”. O mesmo sucede coa Lei de Benestar Animal, a Lei de Mellora do Ciclo integral da Auga, que impoñen novas competencias sen garantir os fondos necesarios.

Denunciou que nin Feijóo nin Rueda, o conselleiro responsable durante estes 13 anos, “nunca entenderon a autonomía dos concellos” e explicou que a súa “falla de interese” responde a que “non gobernan ningunha das 7 grandes cidades de Galicia”, que aglutinan ao 40 por cento da cidadanía galega.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08