Categorías: Actualidade

Feijóo, de costas á UE e preocupado unicamente de “contar contos para xustificar a súa inacción”

O europarlamentario socialista José Blanco acusou hoxe a Feijóo de estar “de costas á UE” provocando que Galicia perda o tren en debates fundamentais como a demografía, a perspectiva financeira, a Política Agraria Común, o impacto do Brexit no sector pesqueiro ou o impulso á transición enerxética.

Blanco fixo hoxe balance da súa actividade na Eurocámara, que o sitúa no posto 13 entre os máis activos de todo o Parlamento Europeo e o primeiro dos representantes de España, con 2.000 iniciativas e máis de 1.700 emendas e informes. Dixo que a súa actividade permitiu entre outras cousas constatar que a Xunta “non está facendo os deberes” e Feijóo está “mais preocupado de contar contos para xustificar a súa inacción”.

Anunciou que foi a raíz das súas preguntas parlamentarias que “puidemos saber que Galicia nin o Estado presentaran ningún proxecto dentro do programa Conectar Europa” para situar a esta rexión dentro do mapa de transporte de mercadorías. Tampouco chegaran a solicitara que se trasladara o Laboratorio Europeo de Bivalvos en Arousa a pesares de que Feijóo fora anuncialo á sede do Intecmar, en Vilaxoán.

Considera “lamentable” que a Xunta non teña solicitado a día de hoxe o Fondo de Solidariedade para Grandes Catástrofes logo dos incendios de outubro. Apuntou que “Galicia está por debaixo do limiar de danos” necesario para solicitar o fondo, pero anunciou que a UE sería “sensible” a un plantexamento conxunto con Portugal, logo de que o propio Feijóo tivera apuntado ao país veciño como orixe dalgún dos focos.

José Blanco criticou que o presidente da Xunta teña borrado o cambio climático da súa axenda política “coma se non estivéramos vivindo situacións estremas” con temperaturas anormalmente elevadas, seca ou problemas de subministro de auga. Apuntou que o próximo mes será debatida a directiva de Enerxía da UE, da que Blanco é ponente.

Lamentou que sexa precisamente España, xunto con Polonia, quen lidere a oposición a esta norma dirixida a garantir o incremento da enerxía renovable e do autoconsumo, eliminar o imposto ao sol, bloqueando a retroactividade que supón un custe inasumible para aqueles que investiran en renovables en España.

Anunciou ademais que el mesmo será o encargado do PSdeG de organizar para o próximo ano 5 debates políticos en clave europea para convidar á sociedade galega a tratar a transición enerxética e o cambio climático, o desafío demográfico, a reforma das perspectivas financeiras, a PAC ou o futuro da pesca.

AP-9

José Blanco interveu hoxe ademais como ex ministro de Fomento e, en resposta ás preguntas dos xornalistas, acusou a Rajoy e Feijóo de inaugurar mañá a mellora da AP-9 na ampliación de Rande e a circunvalación de Compostela “como aquel que se une á festa pero non quere saber nada de pagala”. Lembrou o anuncio dun investimento de 5.000 millóns do Goberno en 3 anos de obras en Murcia, mentres evitan pagar 350 millóns para Galicia que permitirían salvar o incremento das peaxes.

Criticou que o presidente da Xunta vaia “cortar a cinta” ao tempo que sinala á súa xestión no Ministerio para criticar o incremento do 4 por cento na peaxe da AP-9 e dixo que “non se me invitou á inauguración porque queren colgarse o mérito pero pasar a factura aos demáis”. Puntualizou que as obras supoñen o incremento de apenas unha cuarta parte, mentres o 75 por cento restante “corresponde aos gobernos do PP”.

Lembrou que “tódolos galegos sabían” dende o principio do incremento do 1 por cento, que foi publicado no BOE “con coñecemento do que era daquela conselleiro de Política Territorial” e dos alcaldes de Santiago e Vigo. O ex ministro puntualizou que “se son responsable das obras serei responsable tamén das obras das que se van beneficiar tódolos galegos e galegas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18