Categorías: Actualidade

Gonzalo Caballero abre un novo tempo político dende a “alternativa de esquerdas con responsabilidade de país”

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, inaugurou hoxe un “novo tempo político en Galicia” coa liña política dos socialistas galegos dirixida a ofrecer unha “alternativa de esquerdas con responsabilidade de país”. Así o dixo logo da Xuntanza da Executiva do PSdeG na que deu conta da xuntanza, onte, co presidente da Xunta, e na que tamén participou como convidado o secretario xeral dos socialistas madrileños, José Manuel Franco.

O líder dos socialistas galegos subliñou que o seu obxectivo será levar ao PSdeG a liderar a alternativa ao goberno de Feijóo para “retirar ao PP” do Goberno galego, sen que iso impida manter as portas abertas ao diálogo en asuntos “de país”.

Situou o encontro de onte “na normalidade” institucional que debe recibir a vida política galega pero, dixo, “a partir de aí estaremos enfronte” para ir “pasiño a pasiño, sen presa pero sen pausa” ata garantir o cambio no goberno da Xunta.

Ata entón, dixo, “mantemos un diálogo aberto para construír o mellor para os galegos e as galegas”, lembrando os 12 puntos que lle plantexou onte ao presidente da Xunta. Sinalou os “avances” na cuestión do financiamento autonómico, que considera relevante” por canto determina os fondos públicos para dedicar a continuación á sanidade, a Dependencia, e os servizos sociais en conxunto os galegos e galegas.

Caballero amosou o seu respecto cara ao respaldo electoral obtido polo PP pero, dixo, logo de 3 maiorías absolutas cumpre un relevo a partir do traballo e o amplo apoio social e institucional dos socialistas galegos nos concellos e deputacións.

Anunciou ademais que a partir de agora visitará como secretario xeral tódolos concellos de Galicia para trasladar a proposta política dos socialistas galegos emulando a estratexia iniciada tamén polo PSOE a nivel estatal para manter contactos coas agrupacións socialistas.

Liña de traballo conxunta

Gonzalo Caballero abriu hoxe ademais unha liña de traballo conxunta co Partido Socialista de Madrid, logo de invitar ao seu secretario xeral, José Manuel Franco, a participar na Executiva celebrada hoxe. Apelou ao “novo tempo de renovación” aberto nas direccións galega e madrileña logo dos procesos de primarias e congresuales, que levarán a coordinar actividades políticas e formativas entre aquela organización e a galega, a través da Escola de Formación Ceferino Díaz.

O político madrileño, que se dirixiu á executiva e posteriormente aos medios en galego, deu por inaugurada esta liña de traballo conxunto para “axudar a que a solidariedade interterritorial de España sexa unha realidade”. Sinalou as desigualdades sociais e territoriais que viven tanto galegos como madrileños e que, apuntou, “só un goberno socialista pode paliar”.

Apuntou tamén á necesidade de afrontar o debate da reforma do modelo de financiamento co obxectivo de que “pase o que pase, buscar entre todos que calquera cidadán teña os mesmos dereitos e posibilidades de acceso ao Estado do Benestar” en todo o territorio estatal.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04