Categorías: Actualidade

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite os recursos necesarios para poñer en marcha os xulgados 24H en Vigo e A Coruña

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Paloma Castro, vén de presentar unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta que habilite os recursos necesarios para a implantación do novo sistema de gardas de 24 horas con quenda rotatoria nos xulgados de A Coruña e Vigo. Lembra que son os dous únicos partidos xudiciais de España con máis de 8 xulgados de instrución pero sen gardas de 24 horas.

Castro presenta esta iniciativa logo da contestación social a favor da ampliación deste servizo, logo de que o Consello Xeral do Poder Xudicial emitira a pasada semana un informe no que avala a solicitude. Constatou ademais que o Ministerio de Xustiza recoñecera que o servizo 24 horas melloraría a calidade do servizo, amosándose “a favor de asumir o custe das novas quendas”.

A parlamentaria socialista apunta que “é a quenda da Xunta de Galicia para asumir a parte que lle corresponde do custe deste novo servizo”. Sinala que dende o Grupo Socialista “sempre defendemos que unha xustiza máis áxil garante o acceso á tutela xudicial efectiva, e esta modificación vai contribuír a acadar unha maior eficiencia no funcionamento destes xulgados e na resposta á cidadanía”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21