Categorías: Actualidade

Pablo Arangüena esixe ao PP de Galicia que “asuma responsabilidades políticas” derivadas dos casos de corrupción do PP

Asegura que “Feijóo chegou dopado á Presidencia da Xunta” trala convocatoria electoral de 2009 logo de que os documentos de Bárcenas sacaran á luz “2 millóns de euros en mordidas ao PP de Galicia” no ano 2006

O viceportavoz do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, vén de esixir ao PP de Galicia que “asuma responsabilidades políticas” derivadas dos casos de corrupción do PP. Fíxoo, hoxe, no Pleno do Parlamento no marco do debate da creación da comisión de investigación sobre as conexións do PPdeG co financiamento ilegad do PP a nivel estatal e no mesmo día no que o Grupo Socialista levará a Pleno unha moción sobre este asunto.

“Tanto o ex xerente do PP, Cristóbal Páez, como Bárcenas confirmaron que a última operación da caixa B do PP foi un pago en efectivo procedente do PP de Pontevedra por valor de 50.000 euros”, aseverou o responsable socialista, quen incidiu en que isto ocorreu en 2010 “cando o señor Feijóo e o señor Rueda levaban xa 4 anos como máximos responsables do PP de Galicia”.

“Os señores Bárcenas e Páez teñen avogados distintos, estratexias procesuais distintas e lévanse recoñecidamente mal, pero aportan detalles distintos e perfectamente complementarios sobre este mesmo feito”, sinalou o socialista. Así, incidiu en que “Luis Fraga, sobriño o seu fundador e curmán do señor Puy, di que Bárcenas lle merece total credibilidade”.

Ademais, Arangüena sinalou que entre os documentos que presentou Bárcenas na Audiencia Nacional “hai unha relación detallada de ingresos de empresas” que “presuntamente era a contabilidade B do PP de Galicia cando Feijóo xa era presidente do partido, no ano 2006”.

A contía ascende, destacou, a “2 millóns de euros en mordidas do PP de Galicia, tres anos antes de que o señor Feijóo chegase a presidente da Xunta”. Isto supón, asegurou, que “o señor Feijóo chegou dopado á Presidencia da Xunta” logo da convocatoria electoral de 2009.

Ademais, o vicevoceiro socialista subliñou en que “na recente investigación do caso Kitchen sobre a espionaxe e roubo de documentación a Bárcenas, a única contabilidade que aparece citada como tal é xustamente a do PP de Galicia”.

Por todo isto, Arangüena considerou que a creación dunha comisión de investigación “está máis que xustificada” cando a primeira sentencia do caso Gürtel fala dun “auténtico e eficaz sistema de corrupción institucional”.

Así, incidiu, que é preciso “esclarecer a parte que lle toca ao PP de Galicia no entramado de corrupción que constitúen os casos Gürtel, Bárcenas e Púnica” e “tendo en conta que hai indicios que apuntan a que a corrupción do PP a nivel estatal pasa por Galicia e remata en Galicia”.

Finalmente, o vicevoceiro socialista criticou a “compracencia coa corrupción” de Feijóo e Rueda cando “a corrupción é tan normal no seu partido que parece que nin paga a pena falar dela”

FONDOS EUROPEOS NEXT GENERATION

Por último, Arangüena urxiu ao presidente da Xunta a “disipar as moito máis que fundadas sospeitas que pesan, precisamente, sobre o goberno que ten que contribuír a xestionar a maior riada de fondos europeos que recibiu Galicia”. Por iso, instou ao goberno galego a “ofrecer transparencia e garantías de que nin un euro dos fondos Next Generation van acabar nunha conta en Suiza ou Panamá”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta unha ordenación axeitada da eólica para que Galicia non perda a oportunidade de liderar a transición enerxética

A voceira de Industria e Enerxía, Patricia Iglesias, sinálalle ao Goberno galego a necesidade de facer das renovables “unha prioridade…

19/05/2024 15:29

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29