Categorías: Actualidade

Paloma Castro denuncia no Parlamento que a Xunta volve deixar as melloras na depuradora de Ons fora dos Orzamentos

A viceportavoz do Grupo Socialista, Paloma Castro, vén de denunciar no Parlamento que os Orzamentos da Xunta para o ano 2022 volven excluír as melloras no saneamento e depuración de augas residuais da Illa de Ons. Presentou unha pregunta oral en Comisión na que acusou á Xunta de desatender ás súas obrigas de protexer o ecosistema e colaborar co Concello no tratamento de augas, sinaladamente nunha zona protexida como a que ocupa Ons, parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Castro lembrou que “este verán, e ata o mes de outubro, nos levantamos tódalas semanas con novas na prensa alertando de novos vertidos en Ons” coincidindo coa época de máis poboación na illa, evidenciando que “a depuradora e as melloras feitas foron insuficientes”. Aludiu ao traslado da depuradora e os pequenos investimentos encetados pola Xunta dende setembro de 2014, cofinanciados por fondos Feder nun 80 da UE, e que quedan “moi lonxe de arranxar o problema”.

Sinala que, malia que a presión social obrigara á Xunta a anunciar na prensa o “investimento en saneamento e depuración para o orzamento de 2022”, o certo é que teñen presentado unhas contas para o próximo ano nas que a actuación “non está por ningures”.

Acusou ao goberno galego de “mentirlle de novo á cidadanía, xa que non hai nin unha partida específica destinada a este fin”, por moito que “para lavar a cara anunciaran a construción duns novos aseos públicos na illa”, que foron orzamentados con 50.000 euros exclusivamente a conta da Unión Europea.

Castro lembra a obriga do goberno galego sobre o saneamento e depuración, xa que segundo Directiva Marco da Auga obriga a conservar tódalas augas, e a depuración de augas residuais é precisamente unha cuestión medioambiental e de saúde pública. Por este motivo, a Xunta, como administración competente, ten a obriga de colaborar cos concellos e impulsar un sistema axeitado de tratamento”, sinaladamente na Illa de Ons, que é parte dun Parque Nacional protexido.

Sinala que o goberno galego, consciente desta situación, comprometeuse hai anos a investir nun plan de saneamento corrixindo as deficiencias no noso territorio, pero “a día de hoxe non hai datos sobre o seu nivel de cumprimento”. Lembra que “teñen a responsabilidade e a obriga legal de colaborar e auxiliar ás corporacións locais, tal e como establece a Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18