Categorías: Actualidade

Luis Álvarez alerta de que Xunta e Concello de Begonte pretendan adicar “parte” do antigo CEIP de Baamonde á escola de música Crisanto en lugar de facer un conservatorio municipal

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, alertou hoxe no Parlamento de que a Xunta e o Concello de Begonte van dedicar parcialmente o antigo CEIP de Baamonde á Escola de Música Crisanto, no lugar de destinar o inmoble completo a un Conservatorio Municipal de Música. Álvarez presentou unha proposta parlamentaria para que o Concello remita “de xeito inmediato” o proxecto e planificación de usos do inmoble, que foi rexeitada polo PP.

Álvarez cualificou de “kafkiana” a traxectoria do Concello e da Consellería de Educación, que comezaron por suprimir o CEIP este curso por sorpresa, trasladando aos alumnos ao Virxe do Corpiño coa escusa de facer un Conservatorio. Finalmente, tal e como sinalou o propio alcalde durante a sinatura, no día de onte, dun protocolo coa Xunta, o obxectivo é “dedicar parte das instalacións do antigo colexio á Escola de Música Crisanto”.

O responsable socialista apuntou que “vai sendo hora de poñer un pouco de sentido común e transparencia nesta fuxida cada adiante, que se iniciou coa decisión unilateral do alcalde, sen o acordo nin o compromiso inicial da Consellería –como admitiu o conselleiro no Pleno do Parlamento-”. Reclamoulle ao Concello que “presente un plan de usos serio” para clarificar a situación do inmoble, agora pechado e sen actividade agás unha hora semanal de taekwondo.

Advertiu de que o dito protocolo, que o alcalde admitía onte mesmo que non era máis que “un compromiso de intencións”, apunta a que “a solución non vai ser nin para o mes nin para o ano que ven, mesmo nin para o primeiro quinquenio desta década”.

Situación absurda

O parlamentario socialista confesou sentir “estupor” diante da situación “absurda” na que teñen situado ao Concello, cunha parroquia á que lle “sacaron toda actividade educativa”, suprimindo un CEIP co argumento rocambolesco de “manter vivo ao Concello de Begonte”, como dixo en Comisión o portavoz do PP. Álvarez puntualizou que a súa idea de manter viva a parroquia pasaba precisamente por mantela en “coma inducido durante anos”, quitándolle o centro.

Cuestionou que o goberno finalmente leve a bo porto a idea orixinal do alcalde, que pretendía converter á Escola de Música nun Conservatorio, así como facer unha serie de obras no edificio para permitir a instalación do Conservatorio e mesmo facer un novo auditorio, todo iso logo de desafectar o colexio de Baamonde da súa función educativa.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06