Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Pablo Arangüena considera que a Xunta estará incorrendo en prevaricación por omisión se non toma medidas para evitar a contaminación reiterada nos ríos Deza e Asneiro

Denuncia que contaminar en Galicia “sae case gratis” pola pasividade e inacción do goberno galego 

O viceportavoz parlamentario do PSdeG, Pablo Arangüena, afirmou esta tarde que a Xunta podería estar incorrendo en prevaricación por omisión se non adopta para evitar os reiterados vertidos aos ríos Deza e Asneiro. Fíxoo na Comisión de Medio Ambiente do Parlamento de Galicia, onde o PSdeG presentou unha proposición non de lei para que o goberno galego poña en marcha de inmediato un plan para previr e eliminar de maneira permanente os episodios de contaminación nestes ríos

Esta iniciativa foi rexeitada cos votos en contra do Partido Popular, un rexeitamento que, en palabras de Pablo Arangüena, se suma á “inacción e a pasividade” do goberno galego ante un problema para o que “non teñen previsto adoptar ningún tipo de medida agás a de seguir teimando na propaganda oficial”.

Como evidencia desa situación, Pablo Arangüena recordou que a conselleira Ethel Vázquez se limitou a dicir hai unhas semanas que o único que están facendo é un tanque de tormentas, “cando os vertidos ós ríos Asneiro e Deza prodúcense con tormenta ou sen tormenta, así que un tanque de tormentas non vai solucionar a situación”.

O deputado socialista tamén enmarcou dentro da propaganda oficial da Xunta o anuncio dun plan de saneamento para Lalín, “como se Lalín non levase décadas vertendo ós ríos Asneiro e Deza”, ou a nova lei do ciclo integral da auga, que precisamente a Deputación de Pontevedra cualificou de enxendro lexislativo, e que “consiste en impoñer obrigas aos concellos sen financialas, outra manifestación do principio feijooniano ‘invito eu, pagas ti’”

“CONTAMINAR EN GALICIA SAE CASE GRATIS”

Como mostra da pasividade do goberno galego, Pablo Arangüena tamén se referiu aos 280.000 mil euros en sancións que, segundo a conselleira Ethel Vázquez, se impuxeron no conxunto de Galicia no ano 2020.

“Esa cifra”, afirmou o deputado socialista, “demostra obxectivamente esa total pasividade porque impoñer 280.000 euros de sancións ante un problema tan importante como é a contaminación dos nosos ríos e rías é absolutamente ridículo”. Esa cantidade apenas supón nada para unha soa empresa contaminante, pero se ademais se reparte entre todos os contaminantes de Galicia demostra que “contaminar sae case gratis en pleno século XXI”. De feito, Arangüena explicou que “cada día de contaminación en toda Galicia sae por 767 euros”

Por outra banda, o vicevoceiro do Grupo Socialista lamentou que a conselleira recoñecese implicitamente co seu silencio que “a Xunta non ten nin idea sobre a procedencia dos vertidos deste verán nos ríos Deza e Asneiro, posto que non dixo nin pío ó respecto”. Nesta liña, Arangüena cualificou de “incomprensible” e “un auténtico escándalo” que aínda non se determinase a orixe deses vertidos. “Case todo o mundo”, evidenciou o parlamentario do PSdeG, “parece saber a procedencia da contaminación, menos a Xunta, que ou no pode determinalo ou, o que sería peor, no quere determinalo”.

En calquera caso, Pablo Arangüena reiterou que a Xunta de Galicia ten “a obriga” de protexer os ecosistemas fluviais de Galicia, principalmente en virtude de tres leis: a de pesca continental de Galicia, a de patrimonio natural de Galicia e a de protección ambiental de Galicia. “Estas leis, contrariamente ao que parece considerar a Xunta, non son de aplicación opcional para a administración senón que lle impoñen obrigas concretas”, subliñou.

A maiores, Pablo Arangüena recordou que os ríos Deza e Aneiro “deberían estar hiperprotexidos ao formar parte da Rede Natura 2000”. Porén, a inacción da Xunta provoca que se atopen nunha constante e inadmisible situación de vulnerabilidade ante a que seguen sen tomarse medidas.

CONTAMINACIÓN REITERADA NO DEZA E NO ASNEIRO

O Grupo Socialista presentou esta proposición non de lei tras constatar que os ríos Deza e Asneiro levan dúas décadas sufrindo episodios de contaminación reiterados, unha situación que se agravou durante este verán, cando se rexistraron cinco novos vertidos.

Na súa iniciativa, o Grupo Socialista reclamáballe á Xunta o deseño e posta en marcha “de inmediato” dun plan para previr e eliminar de maneira permanente a contaminación nos ríos Deza e Asneiro. Ese plan tiña que incluír a mellora da depuración augas residuais e industriais procedentes de Lalín.

Ao mesmo tempo tamén reclamaba a adopción, en toda a súa extensión e intensidade, das medidas inspectoras, preventivas e sancionadoras procedentes de conformidade coa lexislación medioambiental autonómica.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08