Categorías: Uncategorized

Pablo Arangüena pídelle á Xunta un plan de reactivación económica para a comarca da Coruña

O vicesecretario xeral do PSdeG contrasta o compromiso inversor do Goberno co escapismo da Xunta.
O deputado no Congreso, Diego Taibo, destaca as xestións de Gonzalo Caballero, así como as da alcaldesa da Coruña para dar solución ao enlace ferroviario ao Porto Exterior.

A Coruña, 9 de abril de 2021 | O vicesecretario xeral dos socialistas galegos, Pablo Arangüena,  reclamou hoxe en rolda de prensa na Coruña un plan de reactivación da Xunta de Galicia para a comarca da Coruña.

“Veñen por diante tempos moi difíciles e a Xunta ten que poñerse as pilas na Coruña. Non pode ser que, ante a maior crise das nosas vidas, a área económica máis dinámica de Galicia non teña o apoio firme e compromiso decidido da administración autonómica galega, e desde o PSdeG imos pedirllo as veces que faga falta ata que cambien de actitude porque o que é bo para a Coruña e a súa comarca é bo para Galicia. Porque sementar na Coruña é recoller en Galicia” dixo o voceiro do PSdeG.

Pablo Arangüena sinalou que hai un par de días el mesmo defendeu na Comisión de Industria do Parlamento de Galicia unha proposición non de lei para que a Xunta lidere un plan de choque para a reactivación económica da Coruña que foi rexeitada porque según o PP quen ten que afrontar a reactivación son os concellos. “O cal non é certo  porque a competencia de política económica e industrial en Galicia é exclusiva da Xunta de Galicia e, por tanto, a Xunta ten que liderar a reactivación, abandonar o escapismo e buscar proxectos que opten aos fondos NEXT GENERATION na comarca da Coruña para liderar un plan de choque para a reactivación económica.”

O deputado socialista resaltou que A Coruña sufriu xa na gran Recesión e que perdeu non só o seu sector financieiro (o Banco Galego , Banco Pastor, Caixa Galicia) senon grandes empresas como Fadesa, Caramelo e máis recentemente ISOWAT, Isidro de la Cal, e está padecendo a deslocalización de outras grandes empresas como R ou Naturgy.

APOIAR Á CORUÑA  E DEIXAR O ESCAPISMO

Arangüena citou o informe que publicou a Cámara de comercio da Coruña a mediados do ano pasado, que fala da perda de 16.000 postos de traballo e de 5.700 millóns de facturación na área da Coruña e que está feito incluso antes de coñecer a segunda e terceira onda da pandemia.  “Por iso pedímoslle á Xunta de Galicia que deixe o escapismo, que cumpla coas súas responsabilidades e exerza as súas competencias, que apoie á Coruña e que desenvolva un plan de choque para a reactivación”  e insistiu en que “apoiar á Coruña e apoiar a Galicia. Investir na Coruña é investir en Galicia.”

Según Arangüena a Xunta ten que deixar de poñerse de perfil na Coruña e substituír o escapismo pola implicación e o compromiso. Por iso sinalou que onte mesmo o secretario xeral dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero estivo en Carballo con representantes do PSdeG da comarca  de Bergantiños e da Costa da Morte para pedir que a Xunta rebaixe as peaxes da autopista A Coruña-Carballo.  “Está ben que a Xunta lle pida ao Estado, o que xa o Estado vai facer, que é  rebaixar a peaxe da AP9, pero a Xunta ten que facer o propio e teñen que deixar de predicar e comezar a dar trigo. O Sr. Feijóo ten que deixar de ser un turista accidental na Coruña,  deixar os paseos e as fotos e pasar os feitos e os compromisos.”

DIEGO TAIBO

O deputado no Congreso Diego Taibo destacou o compromiso do Ministerio de Transportes co tren a Punta Langosteira  dando solución así ao enlace ferroviario ao Porto exterior que se vai materializar nestes días nas negociacións que se están mantendo co Concello e a Xunta de Galicia. Un investimento que ascende a  140 millóns de euros que se vai resolver con cargo aos fondeos NEXT GENERATION da Unión Europea.

Taibo destacou as xestións de Gonzalo Caballero con Madrid para poder aclarar e desatascar esa situación,  e a implicación da alcaldesa, Inés Rey, para poder impulsar un proxecto estratéxico para a cidade e a comarca como é o Porto Exterior, que vai permitir liberar a fachada marítima e abrir ese espazo para a cidadanía.

O deputado socialista no Congreso aproveitou para sinalar o carácter progresista e o avance que implica a aprobación  da Lei de Cambio Climático, que non só vai contribuir a protexer o medio ambiente senón tamén a xerar postos de traballo con novos nichos de emprego. “Unha lei que pon a primeira pedra para facer do noso país un lugar mellor para vivir e para deixar ás seguintes xeracións, e que vai suponer grandes transformacións tecnolóxicas” sinalou Taibo.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28