Categorías: Actualidade

Pablo Arangüena e Martín Seco reclaman un novo modelo que democratice a enerxía eólica mellorando a distribución do beneficio e minimice o impacto ambiental e social

Os deputados do PSdeG reivindican unha eólica “con sentidiño” fronte ao modelo da Xunta que “provoca danos no territorio, ten un impacto social excesivo e non deixa suficiente beneficio económico no país”

O viceportavoz do Grupo Socialista e responsable de Medio Ambiente, Pablo Arangüena, reclamou hoxe un novo modelo eólico que democratice esta enerxía “distribuíndo mellor os beneficios e minimizando o impacto ambiental e social”. Arangüena e o portavoz de Industria, Martín Seco, presentaron hoxe no Parlamento as bases da proposta socialista para reclamar “enerxía eólica si, pero con sentidiño”.

Arangüena apostou por “reflexionar e avanzar con máis calma antes que implantar eólicos acelerada e desordenadamente, porque Galicia xa é unha gran produtora de enerxía renovable, ata o punto de que é unha das comunidades autónomas con máis potencia instalada en proporción ao seu territorio”. Reclamou control fronte á nova expansión do sector, que ten previsto duplicar a potencia instalada nos próximos anos.

O responsable socialista advertiu fronte ao modelo do PP e da Xunta , que “é o da conivencia coas empresa en detrimento do interese xeral”, e que está a provocar “lóxica contestación social” logo de “ver cada semana como se proxectan novos parques eólicos en cada recuncho do territorio”. Advertiu de que a xestión da Xunta “causa danos no noso territorio, ten un impacto social excesivo e non deixa suficiente beneficio económico no noso territorio”.

Amosouse “claramente a favor das enerxías renovables, e da eólica en particular”, como fixa a recente Lei de Cambio Climático, pero alertou das prácticas amparadas polo goberno galego, máis preocupado de atender intereses particulares. Así o demostra o “exemplo claro e meridiano de porta xiratoria”, dixo, da ex conselleira de Medio Ambiente Beatriz Mato, que antes de dous anos de cesar empezou a traballar nunha empresa sobre a que tomara importantes decisións dende a Xunta.

Pablo Arangüena reclamou un novo plan eólico sometido á avaliación ambiental estratéxica, maximizando o rigor medioambiental na análise de impacto ambiental dos proxectos, freando a súa implantación en territorio previsto para a ampliación da Rede Natura. Tamén lle esixiu á Xunta que impida a fragmentación irregular de parques eólicos, coa que “un só macroparque divídese en varios trozos para evitar unha tramitación ambiental máis rigorosa”.

CONSENSO

O portavoz de Industria, Martín Seco, reclamoulle á Xunta que consensúe un novo modelo eólico “corrixindo as eivas do actual modelo, resultado das modificacións na regulación” dende a chegada de Feijóo ao goberno e logo da “anulación irregular do concurso eólico” de 2007. Os socialistas galegos defenderon un “termo medio entre aqueles que se opoñen a todo proxecto eólico que xurde no noso territorio e aqueles que dan barra libre ás promotoras”.

Sinalou que “a Xunta de Galicia debe de deixar de estar á defensiva ante a incertidume que eles mesmos xeraron con proxectos que non deben ter viabilidade, con afeccións graves ao noso territorio, ao noso medio ambiente, ao noso patrimonio cultural e aos nosos núcleos rurais e as actividades primarias”.

Puxo enriba da mesa un documento base con 5 eixos para o novo modelo eólico, comezando pola transparencia, constituíndo unha oficina de asesoramento técnico, administrativo e medioambiental para concellos, comunidades rurais e para as empresas que participen no desenrolo eólico. Reclamou ademais mellorar as rentas para os propietarios dos terreos, equilibrando as negociacións cos promotores e facilitando un contrato tipo como base.

En terceiro lugar, reivindicou unha maior repercusión económica nos concellos e comunidades do rural, modificando a regulación para establecer o canon eólico pola potencia instalada nos parques e non por muíño, por canto cada vez se instalan menos dispositivos pero de maior potencia.  Reclamou transparencia no reparto do fondo de compensación ambiental da Xunta, con criterios obxectivos e actuando directamente nas comunidades afectadas pola instalación dos parques.

A continuación esixiu o incremento da protección ambiental e patrimonial, protexendo as zonas de expansión da Rede Natura e fortalecendo a protección de humedais. Finalmente, reivindicou a protección dos núcleos rurais e actividades primarias do territorio aumentando a distancia dos muíños das vivendas, que actualmente é de 500 metros cando en Asturias ou Valencia é de 1.000 metros, e cando os muíños pasaron de 50 ata case 200 metros de altura.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33