Categorías: Actualidade

Orzamentos 2019: o endebedamento de Feijóo lastra as infraestruturas

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Luis Álvarez, advertiu hoxe que o incremento galopante da débeda nos gobernos de Feijóó está a lastrar tamén os investimentos en materia de infraestruturas. Así o dixo na comparecencia da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, que presentou hoxe en Comisión parlamentaria os orzamentos do seu departamento para o ano 2019.

Álvarez puxo en dúbida o cumprimento do Plan Move da Xunta de Galicia, do que só completaron o 25 por cento das infraestruturas previstas para o horizonte 2020, e que só construíron 163 dos 565 quilómetros de vías de alta capacidade previstas para o ano 2010, apenas un 29 por cento. Puntualizou que a conselleira presentou hoxe “como obxectivo non realizado” que o 83 por cento da poboación estea a 15 minutos dunha VAP, que Feijóo xa dera como feito no pasado Pleno.

O responsable socialista preguntou ademais “como poderán completar o desenvolvemento do Plan Move nun prazo medianamente razoable cando cada vez destinan menos orzamento ao programa de Construción, Conservación e Explotación de estradas. Este programa pasou de 277.000 a 270.000 euros entre os orzamentos de 2018 e 2019, unha redución do 2,41 por cento.

Explicou que a liquidez do goberno galego é cada vez menor logo de que o presidente da Xunta teña pasado de destinar 1.222 a 1.675 millóns de euros á amortización da débeda nos exercicios 2018 e 2019. Puxo en dúbida que “realmente sexa o campión do déficit cando ten que aumentar as contías destinadas a amortizacións” e sinalou que o 65 por cento dos pagos adiados das infraestruturas corresponden aos gobernos Feijóo.

Peaxes

O portavoz socialista criticou que o PP teña “ignorado no seu discurso” que a actual suba de peaxes corresponde aos reais decretos asinados por Ana Pastor como ministra de Fomento en 2012 e 2013 para cofinanciar as reducións das peaxes. Sinalou tamén que o PP ten votado en contra da proposta socialista para suprimir as peaxes nas dúas estradas competencia da Xunta no debate do Estado da Autonomía celebrado a pasada semana.

Tamén lamentou a redución dos orzamentos previstos para Augas de Galicia, pasando de 32 millóns de euros en 2018 a 29,6 en 2018, e acusou ao goberno galego de priorizar aos concellos en función da súa cor política á hora de cofinanciar a construción das depuradoras.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21

Besteiro ve “con moita alarma” o descontrol que o Consello de Contas está detectando na contabilidade do Sergas

O secretario xeral do PSdeG reivindicou o potencial da industria galega durante a súa visita a TMC Cancela, unha empresa…

07/05/2024 16:05

Besteiro empregará a sesión de control para comprobar o compromiso de Rueda coa rexeneración democrática “ou se opta pola confrontación, a mentira e a crispación”

Elena Espinosa critica a “devaluación as políticas de igualdade” ao dividilas en dúas direccións xerais e acusa ao PP de…

07/05/2024 14:33

Carmen Dacosta censura que a única prevención de incendios da Xunta sexa “facer a danza da chuvia e encomendarse a manitú”

Alerta da falla de tarefas de prevención nos montes, que “se cargan de biomasa sen que a Xunta faga nada…

07/05/2024 14:31

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta axudas específicas á viticultura tradicional da Ribeira Sacra

Lara Méndez reivindicou durante unha visita a unha adega da denominación de orixe “unha maior implicación” por parte do Goberno…

06/05/2024 16:20