Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero contrapón “o compromiso social” dos orzamentos estatais coa “falta de proxecto” de Feijóo

O secretario xeral subliña que a Consellería de Sanidade “non está á altura das circunstancias” tras unha nova rectificación das súas políticas

Santiago, 26 de outubro de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, puxo en valor este venres o proxecto de orzamentos presentado polo goberno presidido por Pedro Sánchez, á vista do “compromiso social” que reflexan e dos “avances” que introducen.

En concreto, o líder dos socialistas galegos destacou as melloras nas pensións, na sanidade, na educación, na dependencia e no emprego, con cuestións específicas como a subida do salario mínimo interprofesional, a retirada dos copagos, a formulación dun ingreso mínimo vital ou a universalización da educación ata os tres anos de idade.

A iso sumou o compromiso coas mulleres do goberno socialista, a través da financiación do pacto de Estado contra a violencia de xénero e a equiparación dos permisos de maternidade e paternidade.

Con estes orzamentos “reais” que xa teñen recibido o visto bo das institucións europeas, Gonzalo Caballero explicou non só se permite ás familias españolas “pasar páxina” dos recortes postos en marcha durante a etapa de goberno de Mariano Rajoy, senón que tamén se atenden “as dificultades específicas” que existen en Galicia e ás que non está a dar resposta o goberno da Xunta.

Por tanto, o secretario xeral do PSdeG esixiu á dereita que non bloquee a tramitación duns orzamentos concibidos para que “a recuperación económica chegue ás familias” e que dan “un impulso fundamental” á axenda social.

“FALTA DE PROXECTO” PARA GALICIA

Sobre todo, como dixo, á vista de que as contas presentadas pola Xunta amosan “a falta de proxecto e de impulso” de Feijóo, cuxa etapa “agoniza sen novas iniciativas”.

As únicas melloras sociais, sinalou Gonzalo Caballero, son as que veñen dadas por partidas finalistas que proceden do Estado, como as axudas para combater a violencia de xénero ou os fondos para financiar a dependencia.

Polo demais, a “rectificación” do seu intento de crear pediatras de área amosa que a Consellería de Sanidade “non está a altura das circunstancias”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18