Categorías: Actualidade

Orzamentos 2019: A Xunta presenta previsións de emprego irreais

O portavoz de Economía e Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, rebaixou hoxe o optimismo das previsións de creación de emprego do goberno galego. O responsable socialista considera que, despois de crear 6.200 empregos en 2017, resulta “demasiado optimista” a previsión de crear 15.000 postos de traballo que defendeu o conselleiro de Economía na súa comparecencia para presentar os Orzamentos de 2019.

Losada reclamoulle ao goberno galego a sumarse ao Plan Director por un Traballo Digno e defender a creación de emprego de calidade como “a mellor política social” que ademais permite a redistribución da riqueza a través dos salarios. Instou a implantar un sistema tributario que “recade máis de maneira máis eficiente”, para que o sistema impositivo permita reforzar o Estado do Benestar e conseguir unha economía e unha sociedade máis igualitarias.

O responsable socialista sinalou que “ogallá que puidéramos crear 25.000 postos de emprego en 2019”, pero explicou que se trata dun “problema estrutural” con especial incidencia en sectores fundamentais como o emprego industrial. Lembrou que a ocupación industrial descendeu en Galicia un 5 por cento mentres en España medra un 2 por cento, pasando de 200.000 ocupados no sector en 2009 aos 167.000 que hai actualmente a pesares do crecemento do PIB.

Alcoa

Aludiu neste sentido á situación de Alcoa, co ERE extintivo presentado de forma repentina pola empresa, e reclamou “garantías explícitas nas empresas que reciben axudas”, xa que logo das axudas millonarias ás que foi acredora “temos a situación inaudita de que a empresa diga dun día para outro que pecha”.

Abel Losada preguntoulle ao conselleiro pola “sorprendente” afirmación do Igape, que xustifica a externalización do servizo de captación de investimentos foráneos en que “non conta con medios propios suficientes”. Amosou a súa “preocupación” pola falla de impulso á innovación por parte da Xunta e as “dificultades de convivencia de empresas punteiras con outras que teñen dificultades para introducir a innovación no seu proceso produtivo”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08