Categorías: Secretaría Xeral

O PSdeG reclama á Xunta un comité de seguimento do coronavirus que inclúa a todas as forzas e propón acadar xa un consenso para unha nova data electoral

Santiago, 13 de marzo de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reclamou á Xunta a instauración dun comité de seguimento que inclúa a todas as forzas, a fin de ter información actualizada sobre a propagación do coronavirus e as medidas a tomar, tanto no eido sanitario como no que atinxe á mobilidade, á economía e ás condicións de traballo na comunidade.

En paralelo, Gonzalo Caballero reiterou a vontade expresada onte de buscar vías legais que permitan o aprazamento das eleccións autonómicas dadas as recomendacións sanitarias, e considerou necesario acadar xa un consenso sobre a nova data.

En liña co expresado onte, o líder do PSdeG reiterou que o aprazamento debe contar con todas as garantías no eido legal e debe facerse con consenso de todos os partidos, un acordo que debe levar aparellado tamén unha nova data para celebrar os comicios.

“A prioridade ten que ser a saúde dos galegos e das galegas”, defendeu Gonzalo Caballero, ao tempo que demandou que a Xunta habilite un comité no que os partidos teñan acceso aos datos e recomendacións das autoridades sanitarias e capacidade para coñecer de primeira man as medidas que o goberno galego impulsará para reforzar o Sergas e para colaborar cos sectores e coas empresas afectadas.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41