Categorías: Actualidade

O PSdeG acusa á Xunta de adicar fondos covid do Estado a “cadrar contas” e amortizar a súa débeda en vez de a reforzar o sistema sanitario

A deputada socialista Begoña Rodríguez Rumbo constata que Contas revela que a Xunta non executou a partida de 42,5 millóns de euros que se lle enviou do Fondo Compensación Interterritorial

A viceportavoz do grupo socialista no Parlamento de Galicia, Begoña Rodríguez Rumbo, denunciou hoxe que a Xunta deixou sen executar máis de 200 millóns de euros dos fondos covid, que se acabaron destinando a “cadrar contas” e  amortizar a débeda pública xerada, en vez de reforzar a asistencia sanitaria nos momentos peores vividos durante a pandemia.

Rodríguez Rumbo compareceu en rolda de prensa este luns no Parlamento de Galicia para valorar os informes de fiscalización do Consello de Contas. Fixo fincapé no documento relativo aos fondos covid distribuídos polo goberno central para atender ás necesidades sanitarias fronte ao andazo do coronavirus no primeiro ano da pandemia, e denunciou que a Xunta deixou sen executar boa parte dos recursos que chegaron a Galicia para reforzar o sistema sanitario no 2020.

A representante socialista remarcou que, segundo Contas, se gastaron un total de 517 millóns de euros extra en sanidade en Galicia, mentres que o estado enviou 735 millóns. Coa conxuntura existente en 2020, a deputada socialista non entende que non se destinara “cada euro” a mellorar a atención sanitaria, con “decenas de persoas morrendo diariamente” nas UCI pola covid ou nas residencias de maiores.

A deputada recordou que cando o Estado asinou os acordos para o reparto dos fondos covid, o daquela presidente da Xunta e agora líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, criticaba todas as medidas adoptadas polo goberno de España e chegou a cualificar o pacto sobre os recursos adicionais como “político, non sanitario”.

FONDO DE COMPENSACIÓN INTERTERRITORIAL

Noutra orde de cousas, a viceportavoz dos socialistas tamén reprobou que o goberno galego deixara os recursos adicionais que recibe Galicia do Fondo de Compensación Interterritorial, tal e como reflicte o informe do Consello de Contas. De acordo con estes datos, a comunidade galega obtivo unha transferencia de 42,5 millóns de euros. “E executáronse cero euros”, sinalou Rodríguez Rumbo.

O Fondo de Compensación Interterritorial aplícase para redistribuír os cartos e que as comunidade “menos ricas” poidan ser compensadas polo maior peso económico doutras comunidades. A deputada socialista indicou que o propio feito de que Galicia reciba eses fondos é a constatación da necesidade da súa aplicación, xa que significa que é un das comunidades menos favorecidos polos demais mecanismos de redistribución para o desenvolvemento das súas infraestruturas.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02