Categorías: Actualidade

O PSdeG mostra a súa satisfacción polo “achegamento de posturas” entre o goberno central e Stellantis para que a automoción teña un papel relevante no futuro da economía galega

Ángel Mato, secretario de Política Industrial dos socialistas galegos, advirte que a imposibilidade de cumprir cos prazos do PERTE non pode deixar ao grupo fóra das axudas

O PSdeG-PSOE mostra a súa satisfación polo “diálogo frutífero” que manteñen o goberno de España e o grupo Stellantis para apostar de maneira decidida polo futuro da automoción e pola concepción dun novo marco de apoio a unha industria estratéxica para Vigo e Galicia.

O secretario de Política Industrial e Transición Enerxética da dirección do PSdeG, Ángel Mato, aplaudiu o “achegamento de posturas” entre ámbalas partes para abordar novas liñas de apoio á industria da automoción, e máis concretamente ao grupo Stellantis, “incluso fóra do marco temporal previsto inicialmente nos proxectos estratéxicos previstos polos fondos Next Generation”.

“A imposibilidade de Stellantis de non poder cumprir cos prazos previstos” nos PERTE e facer os investimentos precisos “non debe ser un impedimento para acceder ás axudas, aínda que sexan doutra natureza”, sinalou Ángel Mato, que apuntou tamén que estes foron os termos da demanda trasladada  polo secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, ao goberno de Pedro Sánchez.

O responsable de Política Industrial do PSdeG subliñou que a planta de Stellantis de Vigo ten “unha importancia capital” non só para o tecido industrial galego, senón tamén para o do conxunto de España, e entende que iso ningún goberno pode pasalo por alto.

“Sabemos que a ministra Reyes Maroto vai buscar fórmulas e encaixe fóra do marco actual dos fondos Next Generation”, apuntou Mato, para satisfacer as demandas de Stellantis. De todos os xeitos, o tamén alcalde de Ferrol recalcou que dende o PSdeG “seguiremos con atención” as negociacións con Stellantis para que a automoción continúe a ser un dos motores da economía galega.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02