Categorías: ActualidadeUncategorized

O PSdeG advirte que, co aumento do teito de gasto, o goberno galego “xa non ten escusas para poñerlle remedio ao colapso da sanidade”

A deputada Begoña Rodríguez Rumbo sinalou que os recursos adicionais “teñen que reverter na cidadanía e non en cadrar contas”

A viceportavoz do grupo socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, pediulle hoxe ao goberno da Xunta que esprema toda a capacidade de gasto da disporá o goberno galego nos orzamentos do ano 2023 para reforzar a sanidade pública, especialmente no que atinxe á atención primaria, onde o PSdeG demanda unha inxección adicional de 140 millóns de euros para poder contratar en torno a 1.000 profesionais sanitarios máis.

Con incremento nun 8,2% do límite de gasto autonómica, ata un máximo de 12.599 millóns de euros, Rodríguez Rumbo entende que a Xunta “xa non ten escusas para poñerlle remedio ao colapso da sanidade” e habilitar as partidas necesarias para que se poida recuperar o normal funcionamento da atención primaria, dos PAC ou das unidades de urxencias hospitalarias.

A deputada socialista pediulle ao goberno galego que actúe con “ambición” e con “altura de miras” para aproveitar o incremento nas transferencias do Estado á comunidade atender as necesidades máis urxentes da cidadanía, e non para deixar parte dos recursos sen executar o ben destinar parte de deles á amortización da débeda pública.

Rodríguez Rumbo detívose de forma especial no reforzo de gasto da sanidade pública, reiterando a demanda de 140 millóns máis para a atención primaria, pero tamén demando un incremento do gasto nas partidas relacionadas coa ciencia e a innovación tecnolóxica, pois son as que permiten reter o talento da mocidade en Galicia. “A Xunta non pode mirar para outro lado”, engadiu a viceportavoz do grupo do PSdeG, ao esixir que se adique “moito máis” ás políticas de I+D+i.

Tamén aludiu a representante socialista á necesidade de “mellorar a rede asistencial” á terceira idade, especialmente no tocando ao sistema de residencias de maiores. Fai falta, argumentou, impulsar un corpos de inspectores potente “para non volver a ver” o que ocorreu durante os peores momentos da pandemia da covid, que castigou de maneira moi especial aos maiores ingresados en centros asistenciais.

Os 1.000 millóns de recursos adicionais dos que poderá dispoñer o Orzamento da Xunta para o 2023 “teñen que reverter na cidadanía e non en cadrar as contas”, sinalou Begoña Rodríguez Rumbo, logo de remarcar que iso é algo “ao que nos ten acostumados a Xunta”, como sinalou o Consello de Contas, que reflicte nos seus últimos informes que o goberno galego destinou parte dos fondos covid recibidos do Estado non a reforzar a atención sanitaria, senón a amortizar a débeda pública que tiña a Xunta.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57