Categorías: Actualidade

O PP tumba a proposta socialista dun plan de contratación para reabrir a terceira planta do Hospital do Salnés

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, reclamou hoxe un plan de contratación que permita reabrir a terceira planta do hospital do Salnés. O responsable socialista defendeu a autonomía do centro e un servizo de calidade “digno dun hospital e non dun ambulatorio grande”, no debate dunha proposición non de Lei en Comisión Parlamentaria que foi vetada polo PP.

Torrado sinalou que situación do hospital está “por debaixo do aceptable” e ten consecuencias como o sucedido en outubro e novembro cando, a causa da falta de camas, se tiveron que ingresar pacientes en urxencias durante mais de 24 horas, limitando aínda mais as capacidades do hospital.

O representante socialista sinalou que “a terceira planta do hospital permaneceu pechada dende xuño a novembro e so se abriu ante as protestas dos traballadores, mostrando así que o criterio de apertura e económico e non as necesidades da poboación”. Denunciou que “o número de camas do hospital ten o único criterio de non superar o ratio que suporía a contratación dun maior número de profesionais”.

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista destacou que moitas noites hai “4 enfermeiras para mais de 100 camas” e que hai servizos que non se ofertan a toda poboación, como son os caso de cardioloxía e neuroloxía, os cales se ofertan en función do domicilio e leva a que moitos veciños teñan que acudir a Pontevedra puntualizando que “xa antes non se daban os servizos a toda a área, agora menos”.

Torrado Quintela sinalou o “gran traballo” que están a facer os profesionais do centro, os que traballan moitas mais horas do acordado para coidar dos seus pacientes e sendo “sometidos a unha situación de moito estrés e cunhas condicións moi precarias”.

O caso do Hospital do Salnés non é un caso illado, explicou, e sinalou que é o paradigma do que sucede nos hospitais comarcais galegos dende a aprobación da Lei de Saúde a principios do 2018, dende entón son varias as veces nas que se deu unha perda temporal de servizos derivados da falta de persoal e de materias, constatando así a perda de capacidade asistencial e a nula capacidade de influír na toma de decisións deste tipo de centros.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13