Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero insta a Feijóo a aclarar “se está cómodo” nun partido que abre a porta a pactar coa ultradereita

Avanza que o sábado terá lugar un acto de recoñecemento aos militantes socialistas durante catro décadas coincidindo co 40 aniversario da Constitución e dos 140 anos do PSOEu

Santiago, 28 de novembro de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, retou hoxe ao presidente da Xunta a aclarar se comparte os pactos que o seu partido pretende pechar coa ultradereita, nomeadamente con VOX, despois de que así o verbalizase o seu secretario xeral, Teodoro García Egea.

“Feijóo está de acordo con esa posición de abrir diálogo con VOX?”, inquiriu o líder dos socialistas galegos, quen defendeu que o presidente da Xunta debe aclarar “a toda Galicia” se avala esta posición.

“Está cómodo nun partido que está aberto a pactar coa ultradereita?”, reclamou coñecer do propio Feijóo o máximo dirixente do PSdeG, sen deixar de facer fincapé en que a posición desta forza política de ultradereita supón unha fonda “preocupación” para os socialistas.

Nesa liña, Gonzalo Caballero urxiu ao presidente do PPdeG a explicar se comparte a posición formulada polo número dous de Pablo Casado de establecer acordos con formacións como VOX, coa que o PSOE non ten “ningún punto de coincidencia”.

RECOÑECEMENTO A MILITANTES DURANTE 40 ANOS

A maiores, coincidindo co 40 aniversario da Constitución Española e cos 140 anos que cumpre o PSOE, o secretario xeral avanzou que o vindeiro sábado celebrarase un acto de recoñecemento aos militantes socialistas que o son desde 1978 ou antes.

Este acto contará coa presenza da vicesecretaria xeral do PSOE, Adriana Lastra, e dun histórico como é o ex-ministro e ex-presidente do Parlamento europeo Enrique Barón.

Servirá, como explicou o propio Gonzalo Caballero, para “poñer en valor o traballo da nosa organización” na liña de “contribuír nos avances” que ten experimentado o país xa dende antes da aprobación da Carta Magna. “Tamén na II República ou na defensa da democracia nos tempos da ditadura”, apuntou.

Sen obviar que o texto constitucional “permitiu que o país avanzase en calidade democrática, na construción do Estado do Benestar e na modernización económica e de dereitos”, avogou por abrir “vías de cambio cando se dean as condicións de acordo necesarias” que permitan “blindar e avanzar en dereitos sociais e novas formas de gobernanza que dean solución aos problemas existentes”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13