Categorías: Actualidade

Desleixo da Xunta para reforzar os medios xudiciais contra a violencia de xénero

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, criticou hoxe o “desleixo de responsabilidades” por parte do goberno galego á hora de reforzar os recursos xudiciais contra a violencia machista. Así o dixo na presentación da Memoria da Fiscalía do ano 2017 por parte do fiscal superior de Galicia hoxe no Parlamento, na que sinala a “falla de intención da Administración autonómica” por reforzar estas políticas.

Vilán apuntou que o incremento deriva da aportación de “algo máis de 8 millóns por parte do Estado” derivados do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, mentres que o incremento dos orzamentos da Xunta redúcense a un 1,03 por cento nos orzamentos de 2019. En definitiva trátase de 145.224 euros máis que con respecto a este ano, cunha “clara mensaxe de descarga de responsabilidades no Estado.

A responsable socialista reclamou a participación decidida do goberno galego “para sumar esforzos e atallar este grave problema que afecta directamente ás mulleres galegas”, ata o punto de que Galicia é a comunidade que recibe máis fondos pola ruralidade, un 31,5 por cento do total. Así, o 40 por cento do total de 8 millóns de euros que recibe Galicia derivan precisamente deste factor, e deberán dedicarse, dixo, á loita contra a violencia machista no rural.

Reclamou que “garantir a protección das vítimas e atendelas como corresponde nas dependencias xudiciais debe ser cuestión prioritaria”, mesmo achegando os recursos aos xulgados específicos, xa que o 73 por cento dos asasinatos ocorren en poboacións de menos de 100.000 habitantes.

Vilán advertiu que a violencia intrafamiliar e machista ten aumentado en Galicia, con 3 mulleres asasinadas, e un aumento “especialmente preocupante” da violencia de xénero entre os menores, que cuadriplicaron a cifra rexistrada en 2014.

Persoal e medios

A parlamentaria socialista reclamou o reforzo dos medios e do persoal da Fiscalía, tal e como foi aprobado nunha proposta de Resolución no último debate do Estado da Autonomía, a pesares do que o goberno galego evitou incorporala aos orzamentos para 2019. Advertiu da urxencia de reforzar os recursos para dar conta do traballo acumulado logo da folga da xustiza cando en Galicia hai apenas un fiscal para cada 18.550 habitantes.

Tamén reivindicou implicación da Fiscalía no fomento do uso do galego da xustiza, un aspecto que é “esquecido” na Memoria deste ano, na que “non hai unha soa referencia á nosa lingua” e propuxo “unha estatística sobre o uso do galego nas fiscalías ou incentivar o seu uso entre o persoal nos seus escritos”.

Reclamoulle finalmente ao fiscal que especifique os problemas detectados coa legalización de internamentos de maiores en centros da terceira idade, que a Memoria cita especificamente pero que non explica.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04