Categorías: Actualidade

O PP négase a que a Xunta compense economicamente aos mariscadores da ría do Burgo afectados polas obras de rexeneración

Pablo Arangüena insta ao goberno galego a dedicar unha partida de 2 millóns e medio de euros para paliar “a perda de ingresos duns 80 mariscadores” que “por motivos evidentes, non van poder mariscar” durante os 26 meses que dure a obra

O vicevoceiro do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, vén de instar á Xunta a “compensar economicamente” ás mariscadoras e mariscadores da ría da Coruña “afectados pola imposibilidade de practicar a súa actividade” durante o tempo que duren as obras de saneamento da ría do Burgo. Fíxoo, hoxe, a través dunha proposición non de lei, presentada na Comisión de Pesca do Parlamento, que foi apoiada polo BNG e rexeitada polo PP.

Arangüena alertou de que as obras “implicarán a perda de ingresos por parte duns 80 mariscadores que viven da ría” durante os 26 meses que durará a obra, xa que “por motivos evidentes, non van poder saír mariscar”.

Por iso, o responsable socialista pediu unha liña de axudas dunha contía aproximada duns dous millóns e medio de euros que é “de lei e de xustiza que sexa a Xunta quen faga esa mínima contribución, cando o Estado pon enriba da mesa 24 millóns propios e a Unión Europea, 24 millóns adicionais” na obra de saneamento, mentres “a Xunta non pon un euro”.

“Sendo a competencia exclusiva en materia de marisqueo da Xunta, igual que a execución das actuacións en materia de loita contra a contaminación e o medio ambiente, e sendo a situación totalmente allea aos mariscadores, debe ser o goberno galego quen se faga cargo de establecer compensacións económicas que permitan subsistir a este colectivo profesional durante o tempo que duren as obras”, sinalou.

Nesta liña, destacou que os propios mariscadores “teñen manifestado” que están “completamente dispostos” a traballar nos labores de rexeneración, vixilancia ou “de calquera tipo”, o que supón, “que non queren cobrar por non facer nada”.

Doutra banda, Arangüena criticou a proposta que levou o PP á comisión que, ademais de cuantificar as axudas para o colectivo prexudicado nun millón de euros, o que é “absolutamente insuficiente”, pretende “que a Xunta achegue desa contía só 100.000 euros”, o que supón “o 0,20% do que se vai investir na ría”.

“Paréceme un escándalo”, sentenciou o socialista, quen lembrou que as competencias neste eido son “exclusivamente da Xunta” e ás mariscadoras e mariscadores “dalles igual quen poña os cartos, o que queren é subsistir”.

O “COMPROMISO” DO GOBERNO DO ESTADO COA RÍA DO BURGO

“O saneamento da ría do Burgo é unha actuación que mostra o compromiso da administración estatal co medio ambiente e tamén co emprego e coa xeración de riqueza”, aseverou o socialista, quen sinalou que tralas obras “vai ser posible aumentar a produción, que leva severamente minguada dende hai lustros e xerar riqueza e economía sostible ao mesmo tempo que se rehabilita ambientalmente este ecosistema”.

Nesta liña, criticou que malia que “a Xunta tivo anos para encarar esta actuación” cando dispón de “todas competencias sobre a ría” e “ten recibido inxentes importes dos fondos comunitarios para loitar contra a contaminación” nas últimas décadas, vai facer unha “nula aportación con cargo aos orzamentos da Xunta” na mellora desta infraestrutura.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21