Categorías: Actualidade

Patricia Otero urxe á Xunta a aprobar o plan de recuperación para pesca artesanal e marisqueo: “Foi anunciado en 2019 e nada se sabe”

A voceira de Pesca do Grupo Socialista alerta do “desmantelamento” da cultura mariñeira que “está a sufrir fortemente as consecuencias económicas da pandemia”

Insta ao goberno galego a levar a cabo “verdadeiros plans” de protección da costa galega que permitan “fortalecer a rede de espazos mariños protexidos” e acaden “o equilibrio” entre obxectivos ecolóxicos, económicos e sociais

A voceira de Pesca do Grupo Socialista, Patricia Otero, vén de instar á Xunta de Galicia a desenvolver un “plan de recuperación” para a pesca artesanal e o marisqueo ante o “desmantelamento” que está a sufrir a cultura mariñeira. Fíxoo, hoxe, a través da proposición non de lei que levou a Comisión de Pesca do Parlamento, e foi apoiada por unanimidade logo da realización dunha transacción co PP coa que se engadiu un segundo punto á iniciativa.

A responsable socialista criticou a “inacción da Xunta” con respecto ao sector, xa que “anunciaron un plan de recuperación en 2019, estamos en 2021 e nada se sabe”, cando “se era necesario dende hai moito tempo, máis agora se cabe, nas circunstancias que está atravesando o sector”.

“O sector da pesca, que non é alleo ao resto de sectores produtivos e económicos, está a sufrir fortemente as consecuencias económicas desta pandemia, e especialmente as derivadas dos distintos peches e limitacións que está a vivir a hostalería”, aseverou a socialista.

Así, sinalou que os datos de facturación do sector “caeron drasticamente en 2020” cando “o rexistro de embarcacións pesqueiras non parou de reducirse cada ano dende que chegou o PP ao goberno”, de feito, “en tan só 20 días”, dende que o Grupo Socialista presentou esta iniciativa ata hoxe, que se debateu no Parlamento, “hai 7 buques menos en Galicia”.

“A perda de buques é igual á perda de postos de traballo, no mar e en terra”, sentenciou Otero, quen pediu pór freo a esta situación “tomando medidas”, tal e como está a pedir o sector que urxe “apoio económico e financeiro”.

URXE “COORDINACIÓN INTERADMINISTRATIVA” PARA PROTEXER A COSTA GALEGA

Doutra banda, Otero tamén levou á Comisión de Pesca unha pregunta para instar ao goberno galego a “fortalecer a rede de espazos mariños protexidos”, xa que en Galicia dispoñemos de “espazos únicos cunha enorme biodiversidade” que están expostos a “certas ameazas que é necesario mitigar”.

Neste senso, criticou que “a Xunta non fai unha aposta decidida por protexer a costa galega”, xa que “carece de verdadeiros plans de xestión que adoitan quedar en papel mollado”. Así, a responsable socialista subliñou a necesidade de “buscar un equilibrio” que “teña en conta os aspectos biolóxicos, pero tamén os económicos e sociais”, xa que “a pesca en Galicia é unha fonte importante de postos de traballo”.

“O kit da cuestión é conciliar a protección ambiental coas actividades humanas, especialmente coa actividade pesqueira”, incidiu a socialista, quen pediu ao goberno galego “coordinación interadministrativa” entre gobernos para acadar os obxectivos.

A responsable socialista levou esta cuestión ao Parlamento, logo de que o goberno de España reafirmase “o seu compromiso de acadar o 30% de áreas mariñas protexidas no ano 2030” e cando “en tan só uns anos, España pasou de protexer menos do 1% da superficie mariña a máis do 12% actual”. Así, Otero subliñou “o valor do interese estratéxico da conservación mariña nun marco de recuperación verde” que “ofrece grandes oportunidades” para o sector.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18