Categorías: Actualidade

O PP impide que o Parlamento pida axudas directas da Xunta para os viticultores de Chantada afectados polo pedrazo

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Martín Seco, acusou hoxe ao PP e a Xunta de rexeitar axudas directas para os viticultores de Chantada logo da tormenta de pedrazo da semana pasada. O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Martín Seco, reclamou estas axudas -idénticas ás concedidas en 2016 para os viticultores de Sober-, a través dunha emenda que o PP se negou a incorporar a unha iniciativa parlamentaria debatida na Comisión de Agricultura de hoxe.

Seco reclamáralle á Xunta que habilitara unha liña de axudas directas e un plan de recuperación dos viñedos de Chantada afectados pola tormenta de pedrazo, pero o PP “non aceptou que se lles pidan axudas directas para os viticultores”.

Sinala que “dende a semana pasada non vimos ningún tipo de compromiso do goberno galego aparte de acudir á zona cos técnicos”. Reivindica deste xeito unhas axudas na mesma liña das que a Xunta aprobou en 2016 para unha tormenta de pedrazo, daquela en Sober, cando dispuxeran dunha partida de 500.000 euros para distribuír entre os afectados a razón de 7.000 euros por hectárea.

Chamou á implicación do goberno galego para apoiar aos afectados, e puntualizou que “parécenos ben se queren avaliar e pedir a declaración de zona catastrófica para esta zona, pero o realmente importante é que actúen con rapidez para garantir a actividade nos próximos anos.

Sinala que “no ano 2016 a Xunta non tiña problema en axudar e daquela non procedía pedirlle a declaración de zona catastrófica ao goberno de Rajoy”, pero agora “a Xunta non vai axudar e volcará contra Madrid as reivindicacións que non tiña en 2016”. Lamenta que o único esforzo da Xunta e do alcalde de Chantada, senador do PP, sexa “poñer o foco no goberno central e na posible declaración de zona catastrófica” eximindo ao goberno galego.

Compre actuar con rapidez para avaliar os danos e “unha vez se analicen as viñas afectadas realizar os tratamentos fitosanitarios correspondentes, xa que non só se trata das perdas directas polas desfeitas do granizo, senón tamén é importante controlar os efectos secundarios”. Alerta de que de non tratar estes danos “convértense en fonte de entrada de pragas de fungos”, para o que “as primeiras horas son cruciais para determinar danos e avaliar accións”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00

José Miñones sinala que o “demoledor” informe do Consello de Contas constitúe unha “emenda á totalidade” da política sanitaria de Rueda e da Xunta de Galicia

Apunta que os relevos nas xerencias das áreas sanitarias de Santiago, Ourense e Ferrol “evidencian que a sanidade galega é…

11/05/2024 11:00

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10