Categorías: Actualidade

O Parlamento aproba unha proposta socialista para urxirlle á Xunta que faga o plan de sinalización de bateas, paralizado dende 2015

A Comisión de Pesca do Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de Lei para urxirlle ao goberno galego a aprobar o Plan de sinalización de bateas anunciando en 2015 e que debera de estar rematado en 2017. A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, reclamou esta actuación “básica para garantir a seguridade das en torno a 4.000 embarcacións que operan nas augas interiores”.

Toja alertou do perigo potencial dos en torno a 3.300 artefactos que actualmente se estima que flotan nas rías galegas, sinaladamente en Arousa, Pontevedra e Vigo, que acumulan 3.000 delas, mentres a Xunta “pouco máis fixo que poñer escusas” dende que presentaron o dito Plan. Lamentou que a pesares de que teñan pasado 4 anos, o Executivo “non foi capaz de levalo a cabo”.

Alertou de que “cumpriron perfectamente na parte da publicidade e propaganda, pero esqueceron o máis importante, que é levalo a cabo”, ata o punto de que “moito nos tememos que non teñan nin idea de cando se levará a cabo”, polo que nas respostas do goberno “non ofrecen ningunha resposta en canto aos prazos que barallan para que o plan sexa unha realidade”.

Lembrou que de acordo co proxecto anunciado con Portos de Galicia tiñan previsto instalar en 2017 un total de 105 balizas, sinalizar as canles de acceso aos portos e polígonos de bateas de Baiona, Camariñas, Muros – Noia, Corme e Laxe, Ría de Ferrol, Ares, Betanzos e A Coruña, ademais de Pontevedra, Vigo e Arousa.

Porto de Fisterra

Ademáis, Toja presentou unha proposición non de Lei na Comisión de Pesca celebrada hoxe no Parlamento para reclamarlle ao goberno galego que dote dun dique flotante ao porto de Fisterra. O obxectivo, explicou, é que “permita dispoñer dunha zona de atr0 aque ás embarcacións de recreo que se achegan á ría de Corcubión”, que foi vetada polo PP.

Toja lembrou que o porto de Fisterra “é un porto Xacobeo” integrado nunha localidade que, ademais de ser punto de paso de referencia mundial, é recoñecida como Concello de Interese Turístico, e reclamou “recursos para dar resposta ao que eses recoñecementos supoñen”. Chamou ao goberno galego a aproveitar a oportunidade de impulsar o achegamento das embarcacións por mar que “poden dinamizar a vila e ser un motor socioeconómico”.

Criticou que con este veto, o PP demostra que os anuncios do conselleiro de Cultura para informar sobre o Plan Estratéxico do Xacobeo “son palabras que non van máis alá”. Lembrou que “se Fisterra é un porto Xacobeo precisa de instalacións que dean resposta á demanda”, sinaladamente en canto ao atraque, reparación e combustible para as embarcacións que “non teñen resposta”.

Sinalou a “necesidade que ten a ría de Corcubión dunhas instalacións que permitan o atraque das embarcacións de recreo”, e salvar a “xestión nefasta” por parte de Portos de Galicia, cando “os dous únicos portos deportivos que hai na Costa da Morte están na mesma ría”. Advertiu que “como non hai infraestruturas, as embarcacións atracan na ría, polo tanto o goberno non as computa, co que non existen e conclúen que non hai necesidade” da infraestrutura.

Esixiulle ao goberno galego que “deixe de facer publicidade e propaganda” e poña en marcha unha infraestrutura que fomentaría os deportes náuticos, “contribuíndo á desestacionalización do turismo e, polo tanto, á xeración de empregos directos e indirectos”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a levar a cabo as xestións precisas para que o Plan de sinalización de bateas, pendente dende 2015, poida ser unha realidade antes de que remate a Lexislatura, unha vez recibidas as autorizacións do Estado”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13