Categorías: Actualidade

Levamos ao Parlamento o acoso laboral ás auxiliares de enfermaría do CRAPD de Vigo

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Noela Blanco, levou hoxe a Comisión parlamentaria a situación de “acoso” ás auxiliares de enfermaría do Complexo Residencial de Persoas Dependentes –CRAPD- de Vigo. Blanco advertiu que a sobrecarga de traballo e as ordes contraditorias provocaron unha situación de conflitividade laboral que derivou na suspensión de emprego e soldo a 4 traballadoras durante 10 días.

Blanco sinalou que as traballadoras “merecen traballar en condicións dignas” e esixiu o incremento dos gastos de funcionamento, a “clave para resolver os problemas nos centros de maiores” que “acaban pagando os residentes e os nosos maiores”. A responsable socialista presentou esta situación extrema na que a situación de tensión das traballadoras foi xestionada pola dirección cun “incremento na presión, o acoso e mesmo as agresións laborais” contra elas.

O persoal do centro, sinala, respondeu a esta situación con mobilizacións en protesta pola sanción aparentemente desmesurada ás traballadoras por negarse a acompañar a un residente no desprazamento entre dúas plantas. Explicou que a plantilla argumenta que a situación derivou das “ordes contraditorias” emitidas polos distintos departamentos, que crearon un “grave desconcerto” entre as traballadoras, que repercute na atención directa ás persoas maiores.

Explicou que o Centro Residencial de Atención a Persoas Dependentes –CRAPD- de Vigo está integrado por dous centros de xestión propia da Xunta de Galicia, o Vigo I e Vigo II, que contan con 454 prazas para persoas dependentes.

Mentiras

Noela Blanco sinalou que a clave deste problema reside no escaso orzamento destinado polo goberno galego á atención aos maiores, e considerou “grave” que o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade do goberno galego “veña ao Parlamento a mentir”. Así o dixo cando constatou que en opinión do alto cargo son cubertos a totalidade dos permisos e vacacións do persoal que atende ás persoas maiores en Galicia.

Esta afirmación, explicou Blanco, é contradita polo Informe de Fiscalización da Atención Residencial ás Persoas Maiores, realizado polo Consello de Contas en 2018, e que asegura que “non se cobren o 48,2 por cento dos permisos e vacacións deste persoal”, provocando a dita sobrecarga de traballo.

Ademais, dixo, o mesmo informe advirte que os datos de persoal dedicado á atención directa na Relación de Postos de Traballo de 2016 non están actualizados, xa que mentres figuran 174 auxiliares, a realidade é que en momentos chegan a rexistrarse ata 190.

Blanco advertiu que “saímos máis preocupados do que chegamos, porque cando un non coñece un problema é imposible que se lle poña solución”, e esixiulle ao goberno galego “celeridade” ao atender as reclamacións dos familiares dos internos pedindo máis persoal e máis medios nestes centros.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28